Páxinas

venres, 8 de maio de 2015

Non penso seguir lendo a ningún sumiso

 Banda sonora: Dwarves *

Non sei cómo podedes ler a Michel Houllebecq, para min é como volver aos tempos de "Menos que cero", pero sen o ramalazo punk de Easton Ellis, é oir filosofar a Suso Fandiño É caer nunha poza de desidia. É coma ir doar sangue e seguiran e seguiran sacándocha polos séculos dos séculos ata acabar contigo... Uf, non.
Sempre me pregunto cómo podedes lelo sen ser Angélica Liddell. Cómo despois podedes, arreboladas lectoras, seguir coas vosas vidas de té e saúde... eu non podo. Se o leo, convírtome nel, convírtome nese oco negro primeiro, exangüe despois.


*nin penso seguir escoitando a estes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario