Páxinas

luns, 4 de maio de 2015

#Lectura. Mi nueva primavera de Kobayashi Issa


 «Solo los verdaderos poetas y los niños –únicamente los que sienten en carne viva– son capaces de ver el mundo: los demás estamos desahuciados».
Vicente HAYA

Cando eu estaba na Uni lía moito haiku. Había daquela edicións de Mondadori baratiñas e tamén algunha antoloxía traducida ao galego. Esta, lina na biblioteca da facultade así que non lembro se era de Espiral Maior, coido que sí. 
Pois ben, un dos meus autores favoritos era Issa. 
Este post é porque a editorial Satori, especializada en literatura e cultura xaponesa, vén de editar Mi nueva primavera. Así, os que queirades poñervos en situación climatolóxica ;) podedes recorrer a ista xoiña traslúcida rechea de versos de 5, 7 e 5 sílabas.

Aproveito a ocasión para recomendar a impagábel antoloxía de Vaso roto: La inocencia del haiku. Unha antoloxía que recolle poemas de nenos de menos de 12 anos, feita polo especialista na materia Vicente Haya. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario