Acaba de ser editado en castelán un fermoso libro: La invención del reino vegetal. Historias sobre plantas y la inteligencia humana.
A súa autora, Aina S. Ericefai fai un percorrido rigoroso pola historia das plantas en relación cos humanos, amosando cómo nos relacionamos cos vexetais dende a antiguedade até os nosos tecnolóxicos días. O seu relato ilustrado, analiza paseniño o mundo vexetal dende o punto de vista práctico, pero tamén o sociolóxico e o simbólico.
Pode lerse o primerio capítulo aquí.
Datos bibliográficos:
Autora: Aina S. Erice
La invención del mundo vegetal
Editorial Ariel (Grupo Planeta)
Ano: 2015 (1ª edición, Abril)
Páxinas: 445
Pode interesarlle a: Lectores de ensaio de bioloxía, lectores de Jose Antonio Marina e a lectores de ficción relacionada co mundo vexetal, como a narrativa de Teresa Moure e a poesía de Alba Cid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario