Este venres recitarei na presentación do fanzines Sisterhood, un proxecto editorial do colectivo madrileño co mesmo nome, centrado sobre todo en feminismo e música.
O colectivo quere crear unha escena estable en Madrid, unha escena baseada nunha red, autoxestionada. É un grupo mixto pero trata de reflexionar e agrupar forzas para rematar cos prexuizos e condicionantes disuasorios cos que se atopan as músicas cando comezan a tocar fóra da casa. Queren traer grupos doutras comunidades para que toquen pola capital e argallar múltiples proxectos paralelos as fagan chegar a tódalas grrrls que hai soltas por toda a península ;)
Interésame moito o que contan nesta entrevista que a Filósofa frívola lles fixo en Madriz de que queren facer un Girl Camp en Madrid en verán, para que as rapazas toquen. Personalmente sempre botei en falta nos Ladyfests un obradoiro onde aprender a tocar. O de comezar a cacharrear dende nena paréceme un soño feito realidade.
Pola parte que me toca, eu contribúo no zine cun poema inédito sobre o xénero: "Deus non me borrará". Este venres recitarei iste e outros novos e xa publicados, arredor do tema da culpa. Estaremos a partir das 19.30 pola rúa Torrecilla del Leal, 15 no Bar El Gato Verde. Non o perdades. Haberá outros moitos actos tranquiliños nesta presentación a modo de merenda, e despois á noite concertos no Juglar. Máis info aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario