mércores, 27 de agosto de 2014

Visión interna. Un novo artigo de Xavier Frías sobre o Grupo Bilbao (Poetas galegos en Madrid)


Unha visión do Grupo Bilbao  dende dentro é este artigo que se pode ler aquí, do profesor da UNED  Xavier Frías, tamén escritor e participante do colectivo e sobre todo coñecido como dinamizador das aventuras editoriais deste proxecto de poetas galegos en Madrid no que andamos metidos.

 Ademáis, se queredes achegarvos ao traballo dos poetas que conformamos este colectivo, déixovos coa foto a referencia bibliográfica do libro que editou Amargord no 2012 eque ten por editor literario a Luis Luna. A edición é bilingüe en galego-castelán.

Aquí deixo un par de videos da presentación, alectura do meu poema "O dedo na mazá" e os versos de Viki Veiguela.



O meu poema "O dedo na mazá"


Recito versos de Viki Veiguela
Máis videos sobre a presentación, aquí





Tamén podedes atoparnos na máis ampla Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea, unha edición de Antonino Nieto en ediciones Endymion. Aquí podedes ler unha reseña de Ramón Irigoyen sobre a antoloxía. Nela atoparedes a poetas del grupo Bilbao e a outros moitos dos que cultivan a lingua galega. Esta antoloxía como o seu nome indica é moi amplia e amosa un gran abano de nomes, consagrados e emerxentes. É un luxo poder facerse con ela. 


E sobre todo, como autores individuais, podedes atopar títulos de algúns de nós na colección "O Roibén" da Editorial Lastura. Tanto en edición monolingüe aquí, como en edición bilingüe galego-castelán, aquí.

luns, 25 de agosto de 2014

Unha cita mollada

Joan Rabascall
Un gesto tuyo, para mí lo vale todo. 
Me intriga la devoción que tienes por ser una
esclava. Al final me va a gustar. 
Con tantas sesiones de playa, ¡cómo no mojarnos
si nos tiramos al mar!
Qualude

Es un pez, no es una sirena

[Foto do Excelsior ]

Ya lo dije oh, que no es una sirena, porque no tiene sosten de conchitas :)
Hilda Guzmán

mércores, 13 de agosto de 2014

Cinsa Maravillosa fai música co poema "O dedo na mazá"


David Haller acaba de poñerlle música a un poema meu "O dedo na mazá". É un poema moi especial escrito a partir dunha fotografía de Francesca Woodman.
Está editado na revista Madrygal e en Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, Ediciones Amargord, 2012.
¡Moitas grazas!

luns, 11 de agosto de 2014

Poesía callejera: Mario Santiago Papasquiaro



Miro a todas partes, miro as paredes que son estanterías de libros no meu cuarto, vexo as lousas da poesía galega, vexo ás amigas, vexo feminismos de papiro, vexo os cómics e os libros de rock, todo da voltas ao meu redor. Esquerda: ano 2005, Madrid, C/ Toledo; Dereita: ano 2001, Santiago, aquí mesmo. Centro, ano 2011, Madrid, Malasaña; Vexo dobre, véxoo enriba, véxoo todo revolto, non arquivado, rodeándome. Penso en ordenar, esquecer, reparar. Non teño tempo. Viñen descansar, viñen tomar terra, viñen estar con eles, viñen perder o tempo. O contrario exacto ao que fago durante o ano. Viñen poñer os pés ao sol, nin tan sequera ler. Perra de hotel baldía. Viñen saber qué feridiña lamer primeiro á volta, na capital do Estado, Madrid, pero iso cando chegue. 
Pero agora, agora o meu cuspe só ha de lamber chupetas*. E para facer terra, non sei por qué pata escomezar das que me sosteñen en pé, así que me vou á base, me vou á miña rúa mental, voume ao poeta mixto, mestizo, aboríxen, abominable, ise que rexeitou Tomás Segovia naquel obradoiro na Residencia de Estudiantes... fai uns tres aniños... Un poeta esfiañado, tan sabio que asusta. Un poeta do que enchouparse, un corazón salvaxe en toda regra.
*chupachuses en Venezuela

venres, 1 de agosto de 2014

Órganos internos. Unha pequena tormenta anónima o del estraño suceso de una mandarina bomba I

[fotiño miña]


Se debe escribir en una lengua que no sea materna
Los cuatro puntos cardinales son tres: el sur y el norte.
Un poema es una cosa que será. 
Vicente Huidobro

No sé ni lo que quiero y mi corazón es un desastre.
No soy argentino, ni artista, ni trabajador, ni chanta. 
Washington Cucurto

(...) Entrégame con una
flecha en el tendón/ una pequeña tormenta
Laura Jaramillo

(...) 
grita como Johnny.
Y yo sigo tumbado en el escenario,
tu cuerpo tiene trazas de rayos,
y vivimos
vivimos y
vivimos
demasiado deprisa.
David Haller

Frecuencia de frencuentar frecuentativamente tu cabeza. De leer bocabajo, de ensiñarche o vocabulario básico en cancións.
Dime lo que te ha pasado, Saor, cuéntamelo todo desde los quince. Intenta dicirmo na miña lingua (aviso que a bomba de mandarina vai estoupar)
-Qué complicado es así, sin hablar
-¿Qué es hablar?
-Pues no sé. Falar é de tener unha ventana escrita en braille e é ir traduciendo. Where do you hide your diary? Se puede conectar al ordenador pero con cablecito ¿qué cablecito? Esto es de aquí, esos son de allí. Y nosotrxs estamos salvadxs en un oasis. E cando cruzas na línea do entendemento bomba, no no, ((((((((((((((((( TERREMOTO !!!!!!!!! . E non falas. Sigue tú.
-Oasis de illa, con cocos con leitiño de coco dentro que semella auga pero é leite? Qué era illa estes días, o que che dicía, que non lembro?
-¿Qué es illa?
-Isla
-E lembro?
-Recordo de recordar
- ___
-Nada, non lembras? Entón o que che parece difícil é traducir? O que che falta é o cableciño que vai ao ordenador?
-Non, non sego. Lo difícil es falar porque o cableciño conectose mal e píllelo la corriente como el pehcao subiendo el río. Árdose la piel entonces y non sé cómo traducir todo. Por eso terremoto por el hotel que no era casa y los deditos que no estaban notando las teclas en braile mientras las pisaban, vamos, que al final sólo escriben pero leer, pufff, dificilísimo. ¿Me escribes tú cómo seguía la historia de la mandarina? Nos la llevamos a la isla y no hay que hacer malabares* para abrir una mandarina. Con los dediños.
-Non, non hai que facer malabares para abrir una mandarina, para facela estoupar. Un coco si. Aceite de coco, leitiño de coco, todo ha de ser boísimo para a pel... *Pero para abrir un coco, para abrir un coco hai que ter un obxecto punzante (picador de xeo, o máis desexable) e un martelo. Ou un sacacorchos -non importa que ao final non abríramos botella algunha neste hotel -repite algunha, xa che sae UNHA UN-HA?- e un pano para que non esbare o coco.
(Eu nacín arrodeada de palmeiras cheas de coco, non sei se é por iso que na miña casa se lle dí facerse coquitos cando algo preocupa).
Para abrir una mandarina hai que sacarlle o plastiquiño, primeiro o laciño, despois tirar do celofán. Parecerá una cupcake chea de pós de escarcha, purpurina por riba da bañeira chea d'augua temprada quedará. Tirarémola e fará acrobacias, reviravoltas ao ar nos agasallará. Ordenadas explosións dos seus órganos internos, esta pequena explosión anónima reverberará. 
De súpeto soa una caixiña de música, diminuta e lenta.
Axiña os aceites cobrirán a pel gomosa dos nosos peciños de punta entrando na bañeira chea de pétalos de rosa. Se non nos fixéramos tantos coquitos esta noite, ao mellor teríamos experimentado o que se sinte ao ser envolto por unha aromática bomba de xabrón 
-E terremoto dos bos, non como os da TV con nomes raros, este terremoto chámase coma ti.
-G U A U.  I s o   i s o   i s o   i s o  i s o, coma nós.
 
 
(Escrito a catro mans con H.)