Páxinas

mércores, 25 de xuño de 2014

Os Goonies ¡¡¡Sacá tu entrada que mata mil!!!


 
Ver os Goonies de grande ten o seu aquel. Quería que vira a peli alguén máis novo, que non nacera cando a botaron nos cines. Eu tampouco a vin no seu día, senón uns aniños máis tarde aos doce anos. Os Goonies é una peli que se recorda como adolescente, nembargantes é para nenxs.
Foi una experiencia xenial vela de grande nunha pantalla das mesmas dimisensións XD
Desfrutei una barbaridade, e iso que non había palomitas (había nachos).
 
Cómo recomendar este clasicazo ás novas xeracións?
El film relata el viaje de un grupo de niños amigos en busca de un tesoro perdido
Pois é verdade que é una Spilberg (e iso xa sabedes o que significa) aínda que a dirixiu Richard Donner no 1985.
Vai dunha panda de rapazas e rapaces ben intrépidos que teñen un clube investigador, chamado "Goonies" (nunca se chega a dicir na peli o que son, pero nalgún momento na peli déixase ver que no pobo a xente os teme-respeta)
Como transcribín vai de ir a buscar un tesouro, e a razón é do máis conmovedora: non perder a casa e por ende, non irse do pobo que é o universo enteiro: os amigos.
Tamén a min que a vin canda nena me flipa cómo se visten, cómo nos vestíamos daquela, ou cómo nos vestimos uns aniños despois: envaqueiradas de pantalón e chaqueta (listas para matar), beisboleiras e saias de animadora, chándal clasicote (pero só para a clase de ximnasia!), gafas moi grandes de plástico transparente (na óptica diranche que son dunha resina moi resistente ;) recheas de purpurina ou escarcha.
Árbores árbores árbores
e bicicleta todo o verán
da man
papá e mamá chegando á casa da compra
a tele prendida mentres ninguén lle fai caso
non piso, casa
e tiros que se fan realidade, saen da pantalla para suceder no vida.
¡E foi una experiencia tan linda ver darse un primeiro bico con aparato!
 
Ah, si e ¡Algo que me flipou na casa, foi o tráiler! Ao revelo deateime do parsimonioso e detallado que era. Agora sería impensable un tráiler tan longo e que recolla tódalas partes da peli, calquera departamento de marketing, botaríao para atrás porque prácticamente conta a peli...
Ale, pois aí vai o spoiler ...( ;) que xa sei que a visteeeees!) para que pensedes o rápido que imos agora. Conviranos?


 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario