Páxinas

mércores, 9 de abril de 2014

SI MU LA CRO a deshora


 Para Á.

Volvín durmir atravesada. Colgando a testa, atravesada. Azul bágoa atravesada. Non te amoles, isto non é o que importa. Menos mal que fas ruidos comigo, que me lembras que non todo é estar no mundo, que podemos dicir da-dá ainda que os tempos nos escorreguen entre as pernas. Vou á túa casa que me parece un remorso, non, un deserto de pracer. Estou na túa casa e leo deserto onde cantas Desierto de Sonora. Todo o que dis grave non sei se é monocorde, pero me leva e me volve traer aquí: vento abaneado pelo Desierto de Sonora. Son en galego: sonido e soy muertos en el Desierto de Sonora.  Autorretrato atravesado a altas horas. En ves de comer xelado e limpar a casa leo alén dos mares, penso en ruidos coa nosa boca de fresa dadaísta e choro atravesada no medio e medio da cama. Como cando se foi, e se levantou o vento todo. Zoar de avión. Despegar dunha alarma penetrante:::::::amenazadebombaamenzadebombaamenazadebomba..si-mu-la-croSI-MU-LA-CROsimulacrosimulacrosimulacro, ou vida?
Quererme quen? se son RUIDO
deserto
cactus
becho


Ningún comentario:

Publicar un comentario