A stranger's light comes on slowly
A stranger's heart without a home
Mazzy Star
pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu
estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda
Yolanda CastañoImos facer que todo sexa.
Imos conseguir que unha época dura sexa quente, sexa creativa, sexa supervivinte. Imos conseguilo relativizando con situacións tan fodidas, tan duras e reais como as que mostra a película de Herzog sobre a pena de morte. Imos sentirnos formigas a carón desas xentes que o perderon todo: a outras persoas. Imos sentirnos formigas máis que afortunadas: levamos unha pedra de azúcar connosco, trasnportámola. Esa pedra é enerxía e nin o desamor, nin a dor, nin o desexo pode desfacela... como un líquido calquera, moito menos por corrosivo... Iso é, tomada queda a decisión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario