Nunca me interesou o canon, ou era demasiado demasiado negra para admitilo. I wish i was black... reza a súa camiseta, amarela. Amarela, vexo unha soa cor, como Conrad, ou quero dicir como Marlowe. Iso é o que el di a través do peito esfiañado. Nestas noites de vrau nas que me atrevo a descalzarme nas terrazas (esas malditas que so me dan sentimento de culpa, como cando botas a tarde vendo dúas películas, ou devoras unha tableta de chocolate antes de comer) míroos cos ollos moi abertos, como dende o barriga dun poema de Lupe Gómez, examínoos como se eu estivera comezando a vivir e nada soubera da vida, do amor ou do sexo. É como unha segunda adolescencia para min observar aos cowboys-cowgrrrlzzz de "largo plazo" é como volver a cambiar de cidade e respirar o vento das noites do verán cos poros e o subconsciente...
Ningún comentario:
Publicar un comentario