Páxinas

venres, 4 de maio de 2012

Introducción ao xogo

Velaquí un poema que escribín dentro dun proxecto de correspondencia poética con Emma Pedreira.
 

A través de ti.
A través de vós.
Pregúntame se o meu sabe das miñas.
A pregunta sela os ollos con maquillaxe.
Quere ser xoguete. Entra no catálogo.

Ela dime algo que non ten significado,
o monte é como o pinta, máis: non representa
constrúe os xoguetes.
Sabe o que nos fai. Jesus was a woman.

Sábeme ben que ela viva como humana.
(A boca mecánica - A boca perfecta
queda aquí no territorio fantástico
meu meu tan meu como o home polo que me pregunta a maquillada.)

Non fuxo da pantalla, non fuxo dos acenos
só gostaría de me desprogramar. Practico a carreira
perdo folgos, aspirooooo... todo o que a outra me da,
a raíña branca a que me atravesa ou quere ser atravesada por min
como unha rúa disposta ás miñas agullas.

Ten o que queres
canto máis me digan do escuro, máis luvas
                                                   máis tecno
                                                   máis adolescer coma un pétalo murcho
nas follas dun libro pecho
na meniña inerte
no mono de traballo dun albanel, papá.




Ningún comentario:

Publicar un comentario