Páxinas

mércores, 18 de abril de 2012

Vicio vs. Disciplina&Amor

Fotograma de Spring Breakers (Harmony Korine, 2013)*

Nestes tempos de cinismo, onde o que se leva é estar de volta de tooodoooo, de volta de todo o que non viviches tamén, tempos de que "a revista" entre os amigos e descoñecidos sexa a VICE, para ela escreven, para ela tocan, para ela fan recopilatorios amigos e coñecidos, esa revista onde ás veces escreve xente que sabe do que fala, donde ás veces a contracultura que senta as nosas bases é revisada por xente que a viviu, e a máis das veces é escrita por modernos amigos que teñen ese traballo como outro calquera, pero que non calquera pode ter. 

Si, nestes tempos de cinismo, de sexismo extremo disfrazado de moderna&hiperexposta sexualidade (só das tías por suposto) abandeirando a fin do apartheid sexual - pero onde?-, publicidade postsubliminal nas repostaxes, e herdeiros millonarios reconvertidos en tirados/tiradas -polo menos en canto ao look-... encántame que haxa xente que sega ao seu e se fixe en traballos, ideas, paixóns doutras décadas máis gloriosas das nosas vidas e das nosas culturas... por exemplo, iste blog ESCRITO EN EL VIENTO, iste escritor, Jose Ángel BARRUECO que non só nos mantén atentas á súa literatura, senón que nos anuncia moito do que a nosa cidade (Madrid) ten de movemento literario, e abre unha plataforma tamén para a memoria da súa nai, a pintora Ana María Franco Guzmán. 
Fóra cinismo, benvido traballo enteiro!

*[É unha gozada para min ilustrar esta entrada un aniño e medio despois, co fotograma dunha peli hipster que cando escribín isto non existía XD]


3 comentarios:

  1. Anónimo10:17 a.m.

    y eu pensaba q somos mais modernos e liberados q nunca...
    trébol

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5:44 p.m.

    Esto es muy lamentable:
    http://www.vice.com/es/vice-news/revolucionarios-a-la-fuerza

    ResponderEliminar
  3. Anónimo10:12 a.m.

    Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar