Páxinas

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Happily ever after?

















Houbo un roubo. Por se non queda claro isto pasou, non foi nos meus soños suorosos que o meu sistema electrónico, a escrita virtual, os milleros de fotos destes dous últimos anos desapareceron voando polo balcón... Entraron espías, levantaron mobles, tiraron roupa, botaron abaixo o contido das gavetas, dos caixóns... estanterías con libros, músicas adolescentes, amuletos gastados... De súpeto non lle vin sentido nengún a devolver todo ao seu antigo sitio... Todo o que quedara regado polo chan, agora semellaba canso, superado, esquecido ou enquistado... pero de todas todas, pasado. Decateime de que facía uns mesiños que desexaba deixalo atrás, darlle unha patada a unha enorme bola de papel e deixala voar coma un globo aerostático! Lonxe, lonxe da miña casa...

Así que esta é a única entrada que irá  vai sen imaxe real, porque non teño nengunha máis (que as que trae o sistema infórmático por defecto) para ilustrar estas verbas. E así debe ser hoxe, a partires de xa, como se unha gomiña do MONGOL berrara tirar, limpar, argallarnovostemas&formas. E eu dixera, nin goma agora me fai falta, todo volve comezar. Nacer de novo sabendo o que sei. 

Thank goodness yeah! si, grrrl. happily ever after comigo mesma!



2 comentarios:

  1. Sabes que inda me da envexa...

    Mil bicos, linda

    Bego

    ResponderEliminar
  2. o branco do novo? ou a felicidade? muá

    ResponderEliminar