Páxinas

xoves, 12 de xaneiro de 2012

12 desexos

Don't look back

e xa o pensarei mañá,

aprende a orde - para desordear a intelixencia

tira o taponciño que pecha a túa botella chea do sangue do lobo

fai unha pócema con el

bébea todos os días e toma baños tamén

sae á neve camiñar duro

camiña duro baixo o sol

regresa e ata a tinta, desata o lazo, percorre poros.

Que os pasiños con títulos sexan latexos

e que non dea medo o propio nome.

Sobre todo que o sentido corra.



[bébeme, novo ano]

Ningún comentario:

Publicar un comentario