[Paranoid Park, Gus Van Sant]
-Gus Van Sant: Es el lugar en el que empecé a contar historias y creo que vuelvo a él de la misma manera que John Ford volvía siempre al oeste americano. Puede que él fuese un cowboy de corazón… o simplemente que en ese tiempo y lugar encontró los elementos necesarios para contar sus historias: el ganado, los cowboys, las peleas... Para mí, la adolescencia es el lugar en el que puedo contar mis historias. |
luns, 30 de xaneiro de 2012
Amén
sábado, 28 de xaneiro de 2012
Déixame qué che diga qué papila é á que lle puxen nome.
Seuramente mentres a primeira letra se instale no teu labre
estarás pensando noutra cousa. Unha ela estraña e lustrosa,
calquera que non sexa eu. E oude eu apoie o polar para atraparche a linua
o seu índice te chama máis xa adentrándoseche na pupila, no ollo.
Medita, medita qué fixeches antes de entregarme.
Que a xustiza recaia no nome da folla afiada antes de...
repíteme qué olor é o que disparo
polo que te volviches tan tola, tan fría como para non mirar atrás.
Antes de espertar, quero suarte toda.
Que a xustiza recaia no nome da folla afiada antes de...
repíteme qué olor é o que disparo
polo que te volviches tan tola, tan fría como para non mirar atrás.
Antes de espertar, quero suarte toda.
mércores, 25 de xaneiro de 2012
Happily ever after?
Houbo un roubo. Por se non queda claro isto pasou, non foi nos meus soños suorosos que o meu sistema electrónico, a escrita virtual, os milleros de fotos destes dous últimos anos desapareceron voando polo balcón... Entraron espías, levantaron mobles, tiraron roupa, botaron abaixo o contido das gavetas, dos caixóns... estanterías con libros, músicas adolescentes, amuletos gastados... De súpeto non lle vin sentido nengún a devolver todo ao seu antigo sitio... Todo o que quedara regado polo chan, agora semellaba canso, superado, esquecido ou enquistado... pero de todas todas, pasado. Decateime de que facía uns mesiños que desexaba deixalo atrás, darlle unha patada a unha enorme bola de papel e deixala voar coma un globo aerostático! Lonxe, lonxe da miña casa...
Así que esta é a única entrada que irá vai sen imaxe real, porque non teño nengunha máis (que as que trae o sistema infórmático por defecto) para ilustrar estas verbas. E así debe ser hoxe, a partires de xa, como se unha gomiña do MONGOL berrara tirar, limpar, argallarnovostemas&formas. E eu dixera, nin goma agora me fai falta, todo volve comezar. Nacer de novo sabendo o que sei.
mércores, 18 de xaneiro de 2012
Ai, a literatura!
negra, negra, sempre mantendo ese latexo escuro, batendo dentro...
Fervenzas de rouge
Non sei moi ben qué significa, ogallá que moitos olliños-corazóns-mútiplesórganos&intelixencias se interesen por este camiño de xiz ou rouge ou tizóns que marca a boca, que marca o libro...
pero aínda que só sexa unha celebración enmarcadiña no cuarto, para lembrar o belo e poderoso do 2011 en cando a creación, qué marabilla estar tan ben acompañada neste portal tan fermoso! grazas!
[fotos de Sonia Márpez (1,2), miña (3), e de Antía Otero (4)]
[Atención ás miñas compas na lista e á portadiña de Desobediencia, jeje ;D]
Etiquetas:
Antía Otero,
Autorretrato,
Desobediencia,
Diario,
Fotografía,
Ilustración,
Libro,
Pintalabios,
Sonia Márpez
luns, 16 de xaneiro de 2012
Concerto-debut "Extinción de los insectos"
Como se un furacán chamado vida fóra extinguindo á especie -esta esa extraña especie madrileña de talentos que se camuflan coa paisaxe-, como se da madrigueira chamada Ensaladilla rusa, e onde eran catro, quedaran tres baixo o proxecto Campameno ñec ñec... e agora a piques de extinguirse, pero suficiente e valiosísimo esquelete, dous destes insectos sobrevivisen nesta selva de asfalto que é Madrid (coas súa seca de lugares onde tocar, cos urbanos xeitos de vida trintañeiros que secuestran aos nosxs amigxs e xs entrega aos fillxs, coa luita, coo amor, coa rúa... ) e contra vento e maré se salvasen Jose e Miguel resistindo a través da arte... Como se iso fose e só fose chaman ao seu grupo Extinción de los insectos, para suxerir (sen sabelo) resistencia, dor (polo perdido), homenaxe sentida aos outros... Cecais non concorden comigo nisto, pero o que non poden negar é que é un paso máis neste ir perdendo a roupa (mudar a pele?) destes tres belísimos grupos que tivemos/temos a sorte de VIVIR na nosa cidade!!!!!!!!!!!!
Non perdades a estes punkeiros artis (no mellorísimo sentido da verba) no seu regreso aos escenarios.
Avisadas quedan!
As luces da noite
Ter medo ao moderno, por qué? Como se unha parte de nós estivera fóra. Un cacho, un bisec do lomo. E fose comestíbel, por calqueira que con fame se achegase. Por iso buscar nos clásicos, nos clásicos raros e descoñecéndoos aínda? Seica é porque se se tragan, despois qué, despois qué, despois o moderno?
Por que ir pasiño a pasiño cal morrocoi? Por que loarse disto? por que facer o cangrexo día si e día tamén na literatura? E xogar tirar pedras contra o meu teito, polo poético da vinganza? O "V" contra quen e por qué? Por qué xogar á contra cando me seducen tanto as luces da cidade?
xoves, 12 de xaneiro de 2012
12 desexos
Don't look back
e xa o pensarei mañá,
aprende a orde - para desordear a intelixencia
tira o taponciño que pecha a túa botella chea do sangue do lobo
fai unha pócema con el
bébea todos os días e toma baños tamén
sae á neve camiñar duro
camiña duro baixo o sol
regresa e ata a tinta, desata o lazo, percorre poros.
Que os pasiños con títulos sexan latexos
e que non dea medo o propio nome.
Sobre todo que o sentido corra.
e xa o pensarei mañá,
aprende a orde - para desordear a intelixencia
tira o taponciño que pecha a túa botella chea do sangue do lobo
fai unha pócema con el
bébea todos os días e toma baños tamén
sae á neve camiñar duro
camiña duro baixo o sol
regresa e ata a tinta, desata o lazo, percorre poros.
Que os pasiños con títulos sexan latexos
e que non dea medo o propio nome.
Sobre todo que o sentido corra.
[bébeme, novo ano]
luns, 9 de xaneiro de 2012
The Womb!
A qué vos sona isto?
Si, si, seguramente os petardos eses o colleron daquí! pero elas, gloriosas, están no noso latexo e agora xa por fin, na nosa casaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Si, si, seguramente os petardos eses o colleron daquí! pero elas, gloriosas, están no noso latexo e agora xa por fin, na nosa casaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Hagar The Womb is for many, the missing piece of the UK anarcho punk scene. Formed in 1981, Hagar The Womb was not a typical example of that scene, for they refused to conform to the dress codes and dour seriousness of their peers. What first started as a sextet sporting three female vocalists, soon experienced a healthy bit of turnover. Circulating through at least a dozen band members, Hagar The Womb was often identified by bright colored artwork and outfits, as well as bringing an original and upbeat sound to an otherwise homogenous scene. A week after their inception, they we're sharing a bill with The Mob and Zounds. Hagar The Womb would go on to play with the likes of The Apostles, Poison Girls and Rubella Ballet before breaking up in 1985.
"A Brighter Shade Of Black" puts together both of their 12" EP's "Word Of The Womb" and "Funnery in the Nunnery" as well as a common compilation favorite called "For The Ferrymen". The latter recorded by Poison Girls sometimes bassist, Pete Fender in the Poison Girl's own X-N-Trix Studios. Reissued for the first time and limited to 1000 copies.
Podedes pillalo na magnífica distri-selo de Madrid, solo para punks
martes, 3 de xaneiro de 2012
I believe in the radical possibilities of pleasure, babe!
Concordamos escribir sobre o P. e eu remato revisando a Sade. E daló aquí, jajajaja. Grande mestura! haberá que deixar de sair en roupa interior para comezar a aclarar fronteiras! ou non!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)