domingo, 11 de decembro de 2011

Deixa ao teu mozo!*

[Este textiño está adicado a María, a Jose, a Leire a Marta, Ágata e a Andrea, elas saben quén e por qué.]


El concierto de Wanda Jackson fue precioso por muchos motivos, 
pero joder, es historia del rock'n'roll, ella fue una de las primeras 
tipas en colgarse una guitarra en el escenario. 
Ágata
(Fukk yeah, grrrl!)



Van xa algúns invernos dende que María e as súas redes andaban argallando o primeiro Ladyfest na península. E algúns máis dende que eu me enteirara da existencia do proxecto e soñara con ir a Los Angeles por ver cómo se xogaba neles. Fai algunhas nevadas que outras argalleiras conspiraban de novo (no 2010 e no 2008) e tentaban achegar a todas rapazas que quedaran na casa, a furia da música, esa canle de expresión tan voceira e auténtica e á  vez tan encorsetada atada, tan sistematizada e regulada polo sistema patriarcalcapitalista.
Andaba eu hoxe oíndo aos guns n' roses para preparar a miña "sweet child o mine" que ando a aprender na guitarra e puxen o video destes señores que tamén me chamaban a min no instituto: a gloriosa "sweet child...", a besbesellante "november rain" e o caos da "wellcome to the jungle".  E flipando flipada flipei coa cancrosidade dos punteos machocore do slash (impresindíbel a pose de baixar a guitarra até... e rañar aló), do xesto de cazador tenro -como diría Ángela Carter- do Axel, e sobre todo, cal bolo alimentício caendo no meu ácedo estómago, ou grolos de efervescenciapatriarcal que tragamos gustosas dende meniñas, arrepioume o conxunto de imaxes de tipas que van aparecendo mentres o frontman da banda, se ensortella nelas, deixando claro que as  melenas  e mallas dos (guns=)pistolas, se por unha casualidade a alguén se lle ocorrera lelas como andróxinas, para nada o eran! 

Que o rock non che fale á orella, ou que o faga especialmente, que se converta no fondo dun pozo negro no que nunca te reflexas, ou no espello que che di o que queres oir, é esecial para que tantas non subamos ao escenario nin con soltura, nin con premura e sobre todo para asegurar o NUNCA; e á vez e sobre todo para determinar que outros moitos (demasiados?) se sintan reclamados a expoñer corpos e atributos, mediocridades e ardorosos talentos, isto é: todo o que son, o que representan, todo no que cren e que lles prúe espallar a berros! 
O que digo é que hai unha diferencia entre ver e non ver, entre estar e non estar, escrever e non escrever. Unha enorme diferencia nestes dous xeitos de vivir as nosas músicas. Por iso, e para quen non  queira oílo:  que non haxa mestura nos escenarios e nos concertos si importa, que non se diga a palabra F E M I N I S M O cando a Música están en cueiro de nos aceptar como talentos e identidades fortes e independentes dunha herdanza en "O", si importa, que só se busque aos amigos para ver se tocan algo e se lles apetece probar e non ás amigas significa, e que o repensar actitudes, letras, discursos e tempo's non é o noso traballo feminista é o voso, sexa como sexa o voso corpo de muller, home ou inter.

Nós sempre estaremos aquí, ensortelladas na mazá máis brillante, e... pensándoo ben, semella que o vinilo nos roubou a textura húmida da nosa malvada pel de caramelo! ;D




*título homenaxe a Búscate un novio
[fermoso collage ladyfester, de Gelen jeleton.com, graaazas polo envío especial! e a María, ponte e argalleira!]

4 comentarios: