[Dana Hoey ]
Coma un croissanciño de madeira vernizado
nunha grande cidade
cando todo é ser outra de viaxe
son o teu almorzo
sopas no leite
déixome caer, mentres me falas
da bonita bañeira que nos tocou no cuarto.
Hotel e _________
como el
ao que eu desexaba
ter, coma un amuleto que me protexa
do cuspe do mundo,
escudo de vetas queimadas,
a porta fecha dunha caixa forte blindada,
este armário.
Ningún comentario:
Publicar un comentario