Páxinas

domingo, 16 de outubro de 2011

R de Revolta ou máis ben D de Defensa



Hoxe unha señora maior en sol: non estamos pedindo nada, non estamos pedindo cartos...
o que queremos é calidade de vida. Queremos sanidade, queremos traballo, queremos tempo...
Iso é o resumo de todo.
Perfectísimo.
E eu detallo: queremos coma vós poder pasear os domingos, non servirvos o que queredes mercar os domingos (e os sábados) antes e despois dos paseos. Queremos ser persoas despois do curro, non estar esmagados das 40.000 horas de presión -non só no que a traballo se refere, senón pola inseguridade da pirámide absurda (o que me mandan non o que sei que teño que facer) e polo medo a perdelo. 
Queremos estar tranquilxs e non rezar para non enfermar, porque temos médicos non só que poderemos pagar, senón que estes non estean á súa vez explotados e unha guardia consista nun médico para dúas alas dun enorme hospital (situación real vivida nun postoperatorio con infección que durante case 48h . ningún médico visitou; cidade: Madrid; hostital: ala do clínico de uroloxía (a operación nada tiña que ver coa uroloxía) con cristais rotos nas fiestras da sala de espera e camas e encamamentos dignos de hospital de campaña da serie Mash (4 por cuarto...).
Queremos traballar do que estamos formadas, cobrar o que temos que cobrar por categoría e estudios, queremos non pagar alugueres do 60% do noso soldo, e que a decisión de ter fillxs dependa da nosa posición política na vida, ou do que nos praza, pero non do non ter qué levar á boca ós últimos días do mes...
Queremos que a xente que vén detrás (filliñxs ou non) sega podendo ir á universidade, e/ou acceder a formacións reais, e que os nososa traballos sexan profesións (sexan oficinas ou oficios ;D) e non precarios obradoiros de compra e venda [con bacalao a soar (ou sen él, despois de xornadas de dez horas, xa o oes ti soa...) e horarios totalmente inhumanos para os que venden, e para os que mercan alteración da orde e dos tempos de lecer, e incitación activa a que o despexarse sexa consumir...-)
Queremos ver o sol e respirar dentro da casa, isto é, ter máis dunha fiestra e vivir nalgo máis de 30 metros2.

Por todo isto eu estiven en sol, estou en sol e estarei en sol. E con SOL vos digo o que dixen sempre: enerxía e beleza de sobra. Ninguén nos vai quitar o que é noso, e xa que nos ides facer pelexar por seguir vivas (isto implica dignidade, non supervivencia), preparádevos, porque así, con unllas e dentes comeza...!


 [qué baixón, os que teñen medo de que se lles desmonte o chiringuito, jajajaja, en vez de falar de España falan de fóra. mirade qué portada se montan, jajajaaja, joe, como dicía unha colega fai pouco, a de risas que unha bota coa prensa seria! (aínda que en realidade non teña un pelo de gracias a manipulación informativa, e a escena extrema do rapaz!)]

Istas, son as fotos reais:
 a mani polo día

a praza á noite

Ningún comentario:

Publicar un comentario