Hoxe quedo na casa. Desfrutando do pracer de durmir, e antes de ler, de ver unha peli, de escribir, de perderme na rede, de facer plans propios e "de millonaria" -como chamo eu aos sábados libres- dende ben cedo. Para que a fin de semana non remate nunca, para que Atwood me besbeselle o seu érase unha vez unha e outra, para rematar O orixinal de Laura (ironías da vida, o texto en si non está pechado...), para cecais vivir un nadal en xullo (un xullo imaxinario, que coa calor que vai non se nos vai da mente), ou soñar con mañá perderme pola pinchada core3 no barrio do Pilar...iupiiiiiii.
[fotograma das Virxes Suicidas con montaxe de RookieStyle]
Ningún comentario:
Publicar un comentario