Páxinas

sábado, 8 de outubro de 2011

DIY: entrevistas que pican os púlpitos

Un fermoso grilo arodeado de pepiñas d'ouro. Unha espontáneidade que non fai máis que chegar de pura vergoña. Un non pechar a porta cando unha se vai durmir, e o que a pecha -das tres persoas que están a falar aquí- é porque ó seu pequeno lle gusta mirar cómo xira a chave. Un "porque nos dá a gana". Unha reflexión en alto e colectiva sobre por qué dicimos Madre de Dios*, ó escoitar na radio á mañá unha barbaridade da Igrexa, cando non queremos falar dela, e menos na súa lingua(xe). Aaaaais! canto me gusta Sopa de Poetes, que racha tódolos topicazos da poesía e mete man á nosa ríxida estructura social! Esta mañá enchóupome da entrevista á miña paisana Déborah Vukusic.



[Nas fotos, outros xeitos de rachar esquemas mentais na cotidianidade: regalando (que é revolucionario) e tirando a TV pola fiestra (na foto, a nova esquina da tele na casa de J. unha vez que a soterrou baixo caixas, no cuarto de tocar)]




[*Notade que "Madre de Dios" é así en galego, non "nai de Deus"... ;D non digo nada máis. Sei que fóra da Galiza isto non se entende, xa que por exemplo en Euskal Herria e en Cataluña, penso que hai moito dios que fala a lingua na que naceu...]

Ningún comentario:

Publicar un comentario