Eu lin esta beleza cando aínda non estaba encadernado, nin editado, nin sequera impreso. Tiven que facelo, quixen facelo, para facerlle a capa. Cando era un arquivo dentro dun mail, entre os tres mil que teño sen abrir. Eu lin r e v o l u c i ó n mentres estaba a acontecer en Maio. E vin a voz deste poemario, desobediente, co entusiasmo intacto da que vive por dentro como se por fóra estivese a acontecer. Con esa dignidade. Esa de durmiamos...espertamos. Esa que reivindica un pasado escuro, que lembra o seu sesgo -a obxectividade non existe- e nos recoloca, a todAs, onde non hai marca no chan do noso paso por esa historia. Pero unha xiz ou un tizón da lareira, escondido na sola, sálvanos a queixa e permítenos reescribirnos. Viaxa moi lonxe este texto manchado doutras linguas revolucionarias, por iso quixen que a face das nosas irmás fose a da lúa. Pois a animala na que se convirte a subversión, sempre foi salvaxe e nouturna.
Desfrutade co libriño e dicídeme que pensades da capa. Eu estou contentísima co collage
que creei. Recomendadísima queda Rosa Enriquez e a súa deslumbrante desobediencia.
***
A idea que latexa é sempre esta: a desobediencia como exercicio ético, sustentado no rexeitamento da dominación simbólica patriarcal e capitalista, no regreso á vida comunitaria.
Rosa ENRÍQUEZ
Desobediencia
Q de Vian Cadernos, nº 4
A porta verde
978-84-15164-45-6
2011
[foto: restos dun collage...]
Pero qué preciosidad la portada!
ResponderEliminarMe encanta!!!
Y la foto de los restos el proceso de trabajo, impagable.
gracias!!
beeela. non é unha boa foto das pegadas que está borrosa, pero ben! vin que había pel da fresiña que vive na desobediencia e veu acó!
ResponderEliminar