Páxinas

domingo, 7 de agosto de 2011

Parpadexa o corazón

Son elas ou son eu? a revolución non tingue de vermello as fráxiles almas da brancura, ás nenas silenciosas, a neve pura. A nena pura, a neve silandeira, ten unha película protectora, unha forte burbulla ao redor, que permite a xordeira e sobre todo a mudez.
Estou farta, cansa, esgotada. Propóñome firmemente achegarme á comisión de globos, perderme polas rúas, diversificar sen mirar atrás e repetirlle ó meu desexo: déixame en paz, déixame en paz, déixame en paz, libera ao teu irmán xémeo e desaparece, clon do demo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario