oito da manhá. deshaucio en Pueblo Nuevo. barrio tomado pola policía, dinme por teléfono. o sistema cae. o banco pide reforzo apoio policial téñeno todo. unha señora e o seu fillo - e filla, á rúa. Consello dos servicios sociais: marche a un albergue. A policía baixa dos furgós con cascos. Eu ao traballo. O sistema que cae está no barrio onde está el. Que bonito este sistema. O que se cae. O que queren soster con todo o medo do mundo. O que queren soster co terror. Coa imaxe dos candidatos facendo o que sexa cada día nos diarios. Para que a súa imaxe se nos meta na mente. Nada de Marguerite Duras. Nada do yonki de Burroghs. Nada de Maria Tatar dándonos esperanza ás desesperanzadas polos contos de fadas. Nada de Alison Benchdel. Nada da Lispector filosofando sobre o outro estado mental no que vivirRESISTIR. Nada de poesía. Ningún aloumiño. Isto, caros, está a pasar sen o voso permiso. Que o sistema se cae. Que somos todas listas, feministas. Que cada vez estamos máis preto os uns das outras. Que contra o amor non podedes. Isto, cascos, está a pasar sen o voso innecesario permiso. E deshauciar desahuciaredes, pero xa nos ocupamos nós de non mercar máis casas. De non pagar a máis bancos. De non engraxar máis a engranaxe. Abortar é unha obriga. Unha necesidade fonda. Un desafío.* Tédes os días contados.
Así volo digo, soaviño como esta fermosísima canción...
Ah, e unha despedida como ao final dos deshaucios: SÍ SE PUEDE...
despois do deshaucio, un pouquiño de empoderamento... non foi posible que quedaran na casa que estaba paga (deshaucio por servires de aval a outra persoa... e débeda de 200 mil...), pero aí seguimos, algo cambia´ra, iso seguro...
*YC dixo, e qué ben dixo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario