Páxinas

venres, 8 de xullo de 2011

Navallas de quince centímetros de folla* ou V de Valérie

...ía comezar dicindo "cando eu era pequena" pero non, vou ser fiel á realidade... e digo:

ata os vintepico anos, non me enteirei de que a violencia sexista (da súa existencia enteireime ó nacer) que se exerce sobre nós - m e h, deixándovos tamén sen regandixa pola que fuxir para usar determinada linguaxe, amosar quen ten o qué cando, etc...- era real na imaxinación, idiosincrasia, filosofía... chámalle X dos corpos e identidades dos tíos (e de moitas pequenas tamén). Tiven a sorte sempre de vivir á marxe (unha marxe nada marxinal por certo) sen poder imaxinar que telos ben postos etc era real, presencia viva, doutrina de vida, dalgunhas persoas, isto é, que o tomaban literal...
Ai ai ai, todo isto para dicirvos que sego sen tragar ó sistema que nos ensina violencia e cando non queremos aprendela, nos pega, ai ai ai, todo isto para dicirvos que sego sen crer na sociedade que con ese látego de carne nos ensina quen manda, e cando nos rebelamos contra iso, nos recorda quén ten o poder nesta lóxica de parvulario que por certo é a base filosófica ideolóxica da Violación. Aquí van estas perlas, das xoíñas de persoas que VELAN pola nosa SEGURIDADE. Nooooooooooxxxxxxxxxxxxxoooooooooooooo!!!





*Valérie Solanas dixo!


[Fotoroubo 1 a m., 2 a Rebeldes Sin Sombra, as marabillosas, e 3 a FotogrAcción!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario