Páxinas

martes, 17 de maio de 2011

Virá máis e mellor!




Que vergonza de país, de poderes, de xente en sí, que non sabe, non quere non escoita e ademáis terxiversa, manipula e inventa. Que se grupos antisitema nunha manifestación, sentada e acampada libre e pacífica, de xente de moitísimas ideoloxías só porque se quere facer un chamamento a un NON VOTO a partidos e xentes con nome e apelidos que demostraron cales son as súas intereses, cales son os seus obxectivos vitais para estar na política! UN VOTO NULO, UN VOTO OUTRO, OU UNHA ABSTENCIÓN POLÍTICA, cada unha saberá.

Non se pode permitir que haxa declaracións como istas los antisistema deberían presentarse a las elecciones (a visión de Jose Luis Sampedro con rastras faime sorrir, avogadxs, enxeñeirxs, cartografxs, arquitéctxs, poetas en traxe non sei se será a estética antisistema, porque seica dialogou con elas/eles, connosco?), da xente que nos representa (que non nos representan E QUE NON NOS REPRESENTEN!), nin quedar tranquilas ó noso neste mundo tan feo tan feo que nos veñen impoñendo (DEMOCRACIA REAL YA, se hai que comezar por algures...). O obxectivo da policía -por suposto ás 5 da mañá -cobardes!- era claro: había que despejarla (plaza) aunque hubiera que llevárselos a rastras. Precioso!ante unha comunidade que reclama non violencia, é realmente unha grande declaración!

A info ó segundo tédela no twitter acampadaSol : vivan as redes sociais usadas para enlazarnos na realidade!
A info do "desaloxo" aqui, video incluído, menos mal que xa temos medios para gravarnos a nós mesmas!
E todo o da multitudinaria manifa -pacífico reclamo- do domingo xa está algo real nos medios, engadirei enlaces... que polo menos isto vay saindo, sen que só sexa a puntalidade do enfrontamente do domingo, cando antes del estivemos 3 horas camiñando ó sol., cantando, sen problema algún (a nosa indignación somentes!) e iso, custou que saira á luz... en fin

Hoxe voltamos a sol ás 20.00h! informádevos, debe ser masiva a asistencia, para que se lles caia a cara de vergoña e nos teñan que escoitar!

Felices letras galegas!
O cuspe que reclamaba Lois P para a súa tumba, para seguir furioso despois de morto, vivo, reclamámolo nós para estas élites de ollos valeiros e corazón desaparecido en combate!

Cuspédeme enriba cando pasedes / por diante do lugar onde eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e furia necesaria...

LP
(cito de memoria, máis tarde máis...)

Sempre igual, van máis de vinte, case trinta anos deste temazo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario