Páxinas

domingo, 29 de maio de 2011

U de Unha

Aquí un chisco do espíritu dos barrios e os pobos que hoxe puxemos en conxunto de 12 a... na asamblea xeral!


Tamén vos deixo un poema meu sobre amorrevolucionario que escribín fai un aniño e medio máis ou menos!
Boa tarde, rebeldes!



CINTO NEGRO


Eclipse
sobre un campo de mapoulas
negras como o cinto
que agochamos baixo a cama.

Temos moitas caras
está a bonita e sucia, a intrépida e luminosa.
Non sabemos endurecer a expresión,
a sesión comeza e esta cuncha non se desfai
da súa sentimental educación.

Cómo ser unha profesional
recrutada para manchar.
Cómo ir sempre vestida de loito
e non deixar de quentar.
No amor e na liberación sexamos unha.*





*Verso dunha canción homónima de Ruído de rabia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario