Páxinas

sábado, 28 de maio de 2011

Queima os cartos e baila!!!




O cachiño que puiden quedar hoxe á asamblea transF nosa, regaloume outra perla do por qué do Sol, do sentido de todo isto e da absoluta crenza que levo para a vida sobre os bailes: que me quiten lo bailado será para sempre quema el dinero y baila! yeah! (por serto...a esta xente de azul faille falta moito baile, claro que para o movemento libre da danza terían que deixar de carrexar eses pesados armamentos e ferramentas variadas, ademáis de levar uns traxeciños máis lixeiros... teño a(o)s amigxs indignadxs, pero eus simplemente fliiipo!)


Subín á estación do metro Solución recén chegada de Barcelona e atopei a milleiros de persoas con flores nas maus berrando, BARCELONA NO ESTÁS SOLA!!! emocionante, non o podía crer, en Madrid berraban por nós! e unha bágoa pequerrecha escapóuselle mentres nolo contaba...



Que isto non é nada? probade a vivir unha asamblea na que xente de todas as idades e feminismos consensuan propostas que apelan á necesidade de rematar co baleiro legal dxs que exercen a prostitución (consensuados tamén os termos nos  que se fala disto, como vedes a medio camiño entre o recoñecemento e a indignación!)

Aínda vos parece pouca cousa? probade ler isto na asamblea xeral e visualizade as mauciñas (dos, dás e des) aplausos erguidas neste punto quentísimo tamén!!! consenso total!
(isto último contáronmo que eu non o vivín!!!)

ale, a durmir -cun enoooorrrrrrrrrrme sorriso- que mañá máis!


[pd: ah, e se istes desaloxos (ou a súa reproducción en diferido) non son unha estratexia rara (ou sinxela: que papiemami nos digan que coidado e que para a casa/ ou mesmo nosoutras sozinhas o pensemos!), outra razón máis para que Sol teña un fermosísimo sentido: a tv xa retransmite a V de violencia! (tampouco o vin: I hate TV!) // Agora si: gur nite, sweeties!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario