Páxinas

venres, 27 de maio de 2011

"Pintalabios" no Faro da Cultura



Se o outro día foi un artigo de Vicente Araguas no Diario de Ferrol que falaba do recital das letras que demos no Centro Galego da Praza Jacinto Benavente aquí en Madrid (como podedes ver xa son madrileña, non coñezo ningún outro lugar no que o "aquí" vaia acompañado do nome da cidade e sexa unha frase feita!), onte foi unha recensión de Héitor Mera no Faro da Cultura do Faro de Vigo o que escribía sobre poesía, concretamente sobre Pintalabios. Ben bonita a reseña e atinadas anotacións sobre intencións e segredos revelados... 
Aquí vola deixo, a ver se consego jpg ou textiño do artigo de Vicente (ou me poño a transcribilo!) para que o poidades degustar!
Ah, por se lle interesa a alguén o 11 de Xuño sábado estarei na caseta 86 da AEG (Asociación Galega de Editores) na FEIRA DO LIBRO DE MADRID asinando exemplares de Pintalabios ás cinco da tarde!






[Grazas Manuel por facermo chegar a primeirísima hora! fotiño by me: arañeira de árbores que rañan as miñas meniñas-a miña pel na época na que escribía Pintalabios ]

6 comentarios:

  1. Parabéns, Ana, e que sigam muitos outros.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8:08 p.m.

    Pídome primeira da cola!
    Tita

    ResponderEliminar
  3. jajaja! vas vir? muaaaaaaaaaaaaa

    ResponderEliminar
  4. Anónimo10:23 p.m.

    No podré estar presente físicamente, pero aquí en Santiago (tienes razón no queda igual de bien) sabes que tienes a un par de primas/amigas - amigas/primas que siempre piensan en tí y que ese día en especial te mandarán todo el cariño posible. Bss.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo5:12 p.m.

    Imos os 3!

    ResponderEliminar
  6. epa!!!! guaisssssssssssssss xenialísimoooooooooooooooo

    ResponderEliminar