Páxinas

xoves, 19 de maio de 2011

Días de furia e amor!


non é que me interese sacar á luz o dos medios oficiais ou estranxeiros pero esta fermosísima foto onde se ve perfectamente o campamento - vila, como eu a chamo- que montamos coas nosas propias mauciñas, entre todxs, todxs, aparecen cordas, cinta de embalaxe, pilares do it yrself así que palpabrexas e mil mans a unha e chaquetas que che prestan se chegaches co posto... reflexa o espírito intenso e humano que se vive en Sol estes días. Aí estamos, Washington Post, xenial que o mundo se enteire de que temos voz e que non temos nin queremos armas! debemos ser escoitadxs sen violencia! fronte á chuvia, calorciño humano!

Hoxe imos armadas de gravadora para entrevistar ás transF!




O MANIFESTO EN GALEGO (AcampadaSol / Toma la plaza)

Quen somos?

Somos persoas que viñemos libre e voluntariamente, que despois da manifestación decidimos xuntármonos para seguir reivindicando a dignidade e a conciencia política e social.

Non representamos a ningún partido nin asociación.

Únenos unha vocación de cambio.

Estamos aquí pola dignidade e pola solidariedade co(a)s que non poden estar aquí.
Por que estamos aquí?
Estamos aquí porque queremos unha sociedade nova na que teña prioridade a vida sobre os intereses económicos e políticos. Avogamos por un cambio na sociedade e na conciencia social.

Amosar que a sociedade non está durmida e que seguiremos a loitar polo que merecemos mediante a vía pacífica.

Apoiamos @s compañeir@s que foron detid@s trala manifestación e pedimos a súa liberdade sen cargos.
Querémolo todo, e querémolo agora, se concordas connosco: XÚNTATE!

É mellor arriscar e perder que perder por non terse aventurado.

Máis información:
Twitter: @acampadasol #acampadasol #spanishrevolution #nonosvamos
Web: www.tomalaplaza.net
Facebook: Spanish Revolution.

Ningún comentario:

Publicar un comentario