Páxinas

xoves, 28 de abril de 2011

Será punXX ou non será



Por que nos gusta tanto o punk, por que sendo clase media (onde antes diría alta, agora digo baixa -sen que nada teña cambiado, só que abrimos os ollos á realidade) precisamos esa actitude, por que como artistas -que se políticas, pero artistas e non activistas, á fin- non calamos e desfrutamos do que hai?
non é un quero pero non podo, non é un estar ó outro lado na outra beira, é que non cremos ou mellor vou falar en primeira persoa, é que non creo no valor do Nome per se. Creo na Poly a se cepillar os dentes, creo no camiño, no proceso, nas viaxes, creo nos lazos reais, creo nas voces subxectivas, creo no día a día, creo nos bicos na pel -os que nos damos na aperta despois de tanto tempo sen vernos, e os que despois do día anterior despedirnos de madrugada caen no pescozo tamén- creo no intercambio, creo no uso dos medios comerciais e tamén aposto polos propios proxectos, creo no patearnos as rúas á saída do traballo, no replantexamento do Esquema, no cambiar de email cando a bandexa de entrada rechea de publicidade apela á virxindade real dunha casta que aínda habita a nosa realidade as nosas identidades, fukkk!, creo no software libre como unha cega conversa, creo nas radios libres, creo na valente xente activista e coñezo os seus pontos fracos tamén, creo no feminismo que se pode asimilar de A. Valcárcel e sobre todo creo na revolución futura das que xa o viven como presente: as medeak, beirarruistas, e cadelas agresivas en particular, creo sobre todo nelas, non porque estea en todo con elas ou me sexa operativísimo para min, senón porque admiro esa capacidade de ter dado no cravo e de arriscar a gañar -xa que non hai nada máis que perder- como dí I. Ziga. Creo no día a día como as nenas cren nalgo santo que diría Lupe, e por iso, por iso e non por unha celebración ó ano, é polo que nos atopamos sempre nas rúas, teatros ou nas casas con cravos nos petos e moita rabia.




Adeus, Poly Styrene!

2 comentarios: