Páxinas

martes, 12 de abril de 2011

Non desaloxarán os nosos soños*


Algunhas escribimos para que non nos escriban
PATRICIO PRON



Cando eu cheguei ás Atochas, era Nadal, era Martes e facía frío. Algo chovía, ou non, pero os nosos corazóns estaban avisados: a orde de desaloxo era real, estaba asinada e esta era a súa última semana de vida. As poucas persoas que nos achegamos a escoitar a Atomizador e a Esperit aquel día vivimos unha experiencia única: o son -ó menos para min, logo alguén me dixo que para outras persoas non- era o mellor dos directos (madrileños) ós que estou afeita; as paredes rezaban lendas de polo que aló pasara, os anxos baixaron do ceo en forma de coros verdadeiramente punks-psicóticos-tropicais-antipódicos**, a autenticidade fíxose carne con forma de monte catalán, de guitarreos alados, de recordos de forza... si, e todo isto foi aló, nesas catro paredes onde a xente ceaba, bebía e xogaba día tras día durante anos.
Acondicionar un local, colaborar hora tras hora, facerse con material -equipo de son, etc etc etc- ir á compra, deseñar os cartéis, lanzar a nova ó mundo, acoller a todo o mundo que se esforce nun ha proposta, levar a difusión no real e na rede, tecer lazos, reunirse horas nas asambleas, namorarse, pelexar, volver comezar, vivir a noite máis bela do mundo, desexar non ter comezado o proxecto... seguramente todo isto pasou polas atochas dende o primeiro día en que casas abandonadas polo calor humano, se convertiron noutro tipo de niño para a cultura (que nos preocupa). Siiii, e dende aquí e vía teclista (graaaaaaaaaaazas, grrrl!) déixovos este dooroso video que xa marca unha era.

O final das Atochas. from http://vimeo.com/enimaxes on Vimeo.


Que barbaridade, facía falta rachar fiestras e xaneliñas? je ne comprends pas!
Encántame que a flor pintada perviva, que non se enteiren dela, igual que Lois. Por iso a tinta, por iso a arte.








*Lema da saba colgada durante o desaloxo
** Ramiro (Vidal Alvarinho) dixit, e que ben dixo...



[Fotiños e video miñas]

Ningún comentario:

Publicar un comentario