Esta é a miña mirada sobre eles, sobre elas, a selección de versos que funciona como poética... engado tamén uns versiños meus, para que quede unha imaxe completa do que podedes esperar da cita que temos mañá, na Marabunta ás 20.00h!
Boa viaxe!
*
Juntarei esta madrugada de licor enfermo
Com a manhá operária e marinheira
RAMIRO VIDAL ALVARINHO
para a loita este día
ai tan cheo de mentiras
MANOLO PIPAS
un aire deixou
de traer o seu encantamento
soluble
ás foxas nasais da cidade.
MARÍA N. SOUTELO
Por unha paz
que se tingue de vermello
en defensa do nós
amor
ALBERTE MOMÁN
Sigo soñando con carballeiras inmensas inzadas de
xente comprometida.
ALBA MÉNDEZ
Ámote entón sen querer amarte
ALFONSO LÁUZARA
A cuestión social non pode ser patria
témola na pel
ROSA ENRÍQUEZ
Despois dun tempo de silencios voltei trala morte
e dinlle ás de bolboreta á noite
que me tiña engaiolados os beizos.
*
*
MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
Estoupan pompas fráxiles
adoecer vivo
suxestión ardente
revestida de esporas.
ANA CIBEIRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario