xoves, 3 de marzo de 2011

De bolboreta a cangrexo

A semana pasada fomos ver a Rede social, unha peli que non está mal, déixase ver e sobre todo -aínda que lixeiramente- serve para reflexionar sobre que son as redes sociais e se realmente son este teléfono construído con vasiños de plástico e goma do garaxe de mamá&papá que nos parece ou que non paramos de dicir que son para-non-reparar-en-que-si-as-pagamos-coa-conexión-e-de-que-son-empresas-como-para-as-que-traballamos. Gustoume ver recreación da oficina azul e moderna dos multimillonarios novos que montaron este teléfono de nenos a grande escala e virtual. Ese é o tipo de imaxes que se me grava na retina. Gustoume ver as festas e a parálisis vital e permanente do protagonista, gustoume ver ás élites deseñar o noso mundo: unha presa de nenos e nenas ricos ou bolseiros que cumpren e adicaron a vida a querer estar nesas filas, proxectando os planos do novo mundo sobre a mesa, como se un manto branco nos caese ós que estamos aquí embaixo, na rúa, e por un imperceptible intre todo se parase e quedase en PAUSE. Nunca vos pasou? ben seguro que algúns distes elementos estaba a tramar algo para os nosos autómatas corpos en conexión, jeje,
e deixando xa a conspiroparanoia... comecei a ler o Indignez-Vous (agora mesmo) e polo de agora non podo estar máis dacordo, cecais hai matices que cambiaría, pero, para abrir boca e eu seguir a ler, déixovos un parágrafo ben bo...

La Resistencia apelaba "La posibilidad efectiva para todos los niños franceses de beneficiarse de la instrucción más desarrollada", sin embargo, las reformas propuestas en 2008 van en contra de este proyecto. Jóvenes enseñantes, que han estado a favor de la acción, se han negado a aplicarlos y han visto sus salarios recortados como castigo. Ellos están indignados, han "desobedecido", han juzgado estas reformas demasiado alejadas del ideal de la escuela republicana. demasiado al servicio de una sociedad del dinero y no desarrollando bastante el espíritu creativo y crítico. Desde la base de las conquistas sociales de la Resistencia que es ahora cuestionada.


Para que non todo sexa fksdjfdkfjsdklfjskfJASKLDFdifícil, aquí vos deixo aos MAGNETIC FIELDS,  estendendo a súa manta de amor de 69 maneiras diferentes... nunha versión de dúas cholas, con ukelele incluído! muaaaaaaaaaaaaaaaa



que guai!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario