Esta mañá, chegoume por mail o enlace ó proxectazo que levan as compis de Barcelona, xenialísimo, de seguro revolucionan e revolucionarán o audiovisual (e as rúas) por moito tempo... jejeje,
Encántame que tantas creadoras o que fixeran sexan respostas desobedientes e contundentes á celebración estreita e vertical do noso sistema, que últimamente nos estivo asoballando na rúa: a celebración do mundial como un actual circo de gladiadores no que -thank goodness!- quedamos á marxe, aínda que hai moitas que felices os vitorean dende as gradas e incluso se convirten nas súas mascotas, jeje; o provocativo anuncio heterobelixerante dos ikeanos (déixame pampa cada vez que o vexo! ) deste último mes ! e deixo para o final a mellor celebración... a homenaxe-resposta a L-Word que divirte e á vez amosa a B-Realidade, sen tanto pijerío e moita leria!!! yeahhhhhhhhhh! grazas rapazas, que subidón!
Sego vendo outros e a verdade é que todos son a bomba!!! a resposta xoguetona ó crime máis famoso da historia do cine é xenial!!! E qué vou dicir das valentes guerreiras que lle dan a volta a Kesha para se defender ou á invitación a participar na mostra... Aquí vos quedan!!!
[O primeiro video é a resposta -segundo eu,claro- ó mundial musicado pola terríbel cantante que sempre elixe temas que nos devolven ás eternas etiquetas apertadas- e o segundo é o que segundo eu tamén, contesta ao de esa tenda sueca...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario