De Marsella a Detroit eu xa vou preparando os ouvidos e o corazón para o fermosísimo concerto de Kronstadt en Madrid... jejejeje, agora que o meu horario -de curro- é máis feo do normal, toca chape e vida nouturna (volta a espirse e revestirse nos baños, soltar o pelo e esborranchar os espellos con xenreira e pintalabios negro unha vez remato de remarcar a boca...)
Que quen me manda relacionar o rap, o hip hop co techno? os meus peciños e seguro que as raíces da música, xa lle preguntarei á entendida!
(ou será que os relaciono pola loita de clase que cada un/ha fan mad mike + equipa e keny arkana polo seu lado...?)
(ou pola pinta?)
Ningún comentario:
Publicar un comentario