Páxinas

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Ideas para unha terrohistoria de ciencia ficción ou Notas para os meus amigos da meseta que non ententen ren

Este Nadal escoitei o que a meirande parte das galegas e galegos oimos - coma un rumor dos pinos de fondo pero preto, ao ritmo dos nosos latexos de feito- ao longo de toda a nosa infancia, que para que o galego e mellor que en infantil* non llo meteran porque  interrompe a aprendizaxe do castelán e o inglés. As persoas que o falaron -xente moi querida para min por outro lado- só se cortaron no volume da conversa e na curta duración desta, esa foi a única consideración que tiveron para comigo (e non é que eu diga nada, penso que nin me pronuncio, pero na terra só o uso da lingua, a súa lectura e difusión normal-izada -sobre todo se fai 8 anos que vives fóra- significa moito). Digo isto porque hai algo de provocación en falar disto pero penso que máis de pracer, unha especie de catarse enrevesada que aproveita o rauto para ser expresada, expulsada... como unha teteiriña regordecha que xa ferveu... porque a pouquiña cota de agresividade que os clasemedia benpensante temos (interiorizado que temos), en Galicia, na Galiza, corre á porta de saída que lle queda máis preto,  a da lingua, e por aí sae e bota un berro, que irónicamente é un aturuxo (e os de fóra quedan abraiados coa súa beleza pero ista xa é historia para outro día, jeje)!!!


[*O do g en infantil é cousa de agora e ten os días contados. Nos oitenta o galego era unha asignatura 2ª lingua como o inglés dos 6 ós 18 anos. ]

1 comentario:

  1. a bela lingua galega...
    marabillosa, bico, atopar, eu, as tuas bragas, beleza obrigada, bagoas, cores, felicidade, libriño, Rosalía de Castro, Lupe Gómez, Ana Cibeira, b...

    ResponderEliminar