domingo, 30 de xaneiro de 2011

Looking for my cape II



Catherine Hardwicke, outra das favs quere que o inverno sexa inesquecible!
Querida Felicia, you're coming back, feed the wolf!




[Fotiños da peli próxima]


Praíña, ais!


guau! incribles as honeys!

Solciño de inverno


     [Concero Atomizador/ Me and the bees]



- Esa é a guitarra que quero eu
- Ah, si, e qué é?
- É unha _________, moi barata e moi boa para facer surf
- Guai, así ti surfeas e eu destrúoo!


[Groliño de birra as dúas a un tempo]



[Foto: portada do meu último autoagasallo!]



sábado, 29 de xaneiro de 2011

Lume de Xaneiro en La fanzine



Aquí está o La fanzine Libertad!

Reatópome co noise!









Despois de meses sen vitrear fóra, de asistir a planetas too much M, de escoitar máis do mesmo, andaba buscando novas periferias, cando no camiño apareceu este concerto e sorprendeume tanto e para ben este noise antiguo, enraizado co xaponés, co auténtico, co industrial e o agresivo, co aberto e futuro, que estou feliz de reatopalo, reatoparme.

[Fotiños by me!]

Lecturas 2011 1


[versión de] Powell, Martin (guión),  & Rivas, Víctor (il.) e Soto, Isabel (trad.), Carapuchiña Vermella, El Patito Editorial, Santiago de Compostela, 2010.

Sala





Quen puidera ver a cidade da cultura dende a galería da sala!

mércores, 26 de xaneiro de 2011

Ideas para unha terrohistoria de ciencia ficción ou Notas para os meus amigos da meseta que non ententen ren

Este Nadal escoitei o que a meirande parte das galegas e galegos oimos - coma un rumor dos pinos de fondo pero preto, ao ritmo dos nosos latexos de feito- ao longo de toda a nosa infancia, que para que o galego e mellor que en infantil* non llo meteran porque  interrompe a aprendizaxe do castelán e o inglés. As persoas que o falaron -xente moi querida para min por outro lado- só se cortaron no volume da conversa e na curta duración desta, esa foi a única consideración que tiveron para comigo (e non é que eu diga nada, penso que nin me pronuncio, pero na terra só o uso da lingua, a súa lectura e difusión normal-izada -sobre todo se fai 8 anos que vives fóra- significa moito). Digo isto porque hai algo de provocación en falar disto pero penso que máis de pracer, unha especie de catarse enrevesada que aproveita o rauto para ser expresada, expulsada... como unha teteiriña regordecha que xa ferveu... porque a pouquiña cota de agresividade que os clasemedia benpensante temos (interiorizado que temos), en Galicia, na Galiza, corre á porta de saída que lle queda máis preto,  a da lingua, e por aí sae e bota un berro, que irónicamente é un aturuxo (e os de fóra quedan abraiados coa súa beleza pero ista xa é historia para outro día, jeje)!!!


[*O do g en infantil é cousa de agora e ten os días contados. Nos oitenta o galego era unha asignatura 2ª lingua como o inglés dos 6 ós 18 anos. ]

50 anos de razóns


Memorias dun neno labrego
Este é un libriño que lemos todas no cole, moi triste e moi pequerrecho (aviso a tripulantes, para min isto é o mellor, falo da subxectividade da voz!). Un libro que a xente fixo grande. E ó que cecais  nalgunhas zonas resultará imprescindible polo afastamento xa - a cadea xenealóxica rachada- do rural.
Unha boa nova, tamén polo traballo de C. Pazó. Sempre interesante.
Quen puidera! Homenaxe hoxe en Santiago a Neira Vilas.


Consulta: Cándido Pazó presentou a súa versión das "Memorias dun neno labrego", que estrea o venres
E hoxe en Santiago, presentación da edición conmemorativa de Galaxia.
E aquí a reedición corrente, para mí máis bonita!





[Capas de Memorias... e Neira vilas e Anisia Miranda xogando...]



E no CADERNO ABERTO, Miguel Anxo Ferná Vello di sobre a nova colección "Biblioteca Neira Vilas" de Galaxia...
BIBLIOTECA NEIRA VILAS
Hai que felicitar á Editorial Galaxia pola creación dunha biblioteca de autor dedicada a Xosé Neira Vilas -aquí materialízase iso da xustiza poética-, cando se cumpren 50 anos da publicación dunha das obras máis populares e emblemáticas da literatura galega contemporánea: Memorias dun neno labrego, que chega neste ano 2011 á súa 31ª edición en galego. A Biblioteca Neira Vilas é o primeiro caso entre nós en que unha biblioteca de autor se dedica a un escritor vivo, posibilitando así un espazo editorial destinado á publicación da obra literaria completa dun escritor plenamente activo -Neira Vilas é un autor que non descansa e está cheo de proxectos- e que foi convertido polos seus lectores e pola crítica nun clásico das letras do noso tempo. Eu teño lembrado en máis de unha ocasión como Lorenzo Varela, con motivo da presentación en Madrid da sexta edición de Memorias dun neno labrego -corría o ano 1976-, facía fincapé no inmenso amor aos nenos que Neira Vilas comunica na súa novela: nenos galegos pobres, como Balbino, o protagonista da obra, cos ollos poboados de tristura e de soños, ou como no verso de Manuel María: "nenos labregos de ollos quedos (...), ollos mouros o mesmo que unha noite/ de choiva e vento no corazón do inverno". Memorias dun neno labrego leva vendidos máis de 600.000 exemplares e foi traducida a 17 idiomas, sendo a obra literaria galega máis lida da nosa historia. Por iso a recén creada Biblioteca Neira Vilas abre a colección con este clásico e best-seller galego, que é un dos grandes títulos populares, en palabras de Víctor Freixanes -outro sería o Catecismo do labrego, de Lamas Carvajal-, mellor "acollidos e recoñecidos polo pobo, polo conxunto da sociedade, que os fixo seus e soubo ler neles o discurso do seu tempo". Beizóns, pois, a Galaxia e a Pepe Neira Vilas, escritor de raza, home de letras noso e universal. O número dous da BNV xa está tamén na rúa. Trátase de Cartas a Lelo. 22ª edición. Iso é o que lles acontece aos clásicos. Os lectores non cesan.


martes, 25 de xaneiro de 2011

Atomizador en Madrid



Mañá hai concerto, no Nasti, un belísimo atomizador (vesión folk bizarro, punk de madeira)
levaranos da man a estas nubes fermosísimas que habitan entre as miñas dúas paisaxes favoritas... Aqui vos deixo enlazados os videos da súa últma xira galega e o disco Rompe del dogma que sacou algo antes, pero que fixo con este mesmo espírito. A desfrutar!
Ah, tamén tocan Me ana the bees, pero non as coñezo así que veremos...
Chévere!



[Fotos: darksong de Deborah Paauwe; Nubes de Compostela by me, póster do concerto by m.Donada; video Atomizador nas atochas, decembro 2010]


Ahhhhh, que non pasou tanto tempo, que non me puiden resistir!!! e se hoube

luns, 24 de xaneiro de 2011

Banda sonora do 2005



guau, vaia ano!
cando te vin tocar...!

Pasos de rouge de tinta de lume




De Marsella a Detroit eu xa vou preparando os ouvidos e o corazón para o fermosísimo concerto de Kronstadt en Madrid... jejejeje, agora que o meu horario -de curro- é máis feo do normal, toca chape e vida nouturna (volta a espirse e revestirse nos baños, soltar o pelo e esborranchar os espellos con xenreira e pintalabios negro unha vez remato de remarcar a boca...)


Que quen me manda relacionar o rap, o hip hop co techno? os meus peciños e seguro que as raíces da música, xa lle preguntarei á entendida!
(ou será que os relaciono pola loita de clase que cada un/ha fan mad mike + equipa e keny arkana polo seu lado...?)


(ou pola pinta?)

domingo, 23 de xaneiro de 2011

Malas, irmás de sangue

Encántame a presentación deste blog...


Espera, ¿yo no era bi? ¿O era queer? Ya no me acuerdo… Claro, que depende de qué yo esté hablando. ¡Calla, que sólo tengo un yo! ¡Sí, claro! Eso es lo que yo/tu dices. Uyy, qué lío….

por isto se chama "Diario de una mala lesbiana". Requetebén!

Case da cor dos labios


A pel dos espellos



O outro día fomos a un concerto bonito e unha belísima rapaza díxime isto: pois que me digas iso ti que fas os collages máis bonitos do mundo... foi impresionante escoitalo. A nosa conversa xiraba arredor da preciosa estampa que era o seu atuendo; xa levabamos quedando varios venres e cada día viña cunha saia longa dunha textura diferente. Algunhas delas parecían enormes panos que ela dispuxera arredor do seu corpo, unha tipo pata de galo roxa e negra, outra dunha laniña soave a gris e por arriba tamén combinada con outras texturas
[non é que interese a moda, pero si as texturas e os diferentes nomes das peles, dos corpos. Do peso das teas, da calidade das carnes, do tornasol dos poros ó contacto reflexo coa luz que se coa pola fiestra e dime ola mentres escribo.]
Esta vez era noite e festa, uns amigos tocaban nun coñecido local e cando saca o abrigo case morro. Mi bella genia, miña nai que bela, unha saia pantalón dunha teaa frouxa, un tul pesado, como unha seda sintética, pero preciosa de cor salmón ou rosa palo. E un estampadiño delicado, como manchas dunha panteira bicor feita de fíos prateados dáballe o sentido de reflexo de lúa a todo o traxe. Por riba dos pantalonciños de Aladina levaba un vestido a xeito de refaixo de veludo claro, case como os pantalóns e por riba unha chaquetiña similar á citada vestimenta de ensoño.
Incrible. Semellaba que baixara da súa alfombra e nos bicara o seu pelo acibeche.

E foi ela, a recén chegada do mundo fantástico, a que me dixo: os collages máis bonitos do mundo.


*[Mi bella genio é unha expresión que quedou na miña casa para nos referir a tódalas vestimentas e situacións relacionadas co oriente arábigo. Vén dunha serie de tvVe, pero iso non o souben ata medrar. Durante moito tempo pensei que era unha frase feita, unha expresión. (E agora buscando na rede para ver cómo era a serie, vexo que a prota ten uns pantalonciños exactos ós de María!)]




[Foto: as miñas texturas detrás do espello, video da intro de "mi bella genio"]

Lol V. Stein




¿Cuál de las mentiras sobre usted le gustaría que fuera cierta? Que soy fría y cerebral. Más bien soy algo descerebrada y con problemas de ajuste de temperatura, como las vitrocerámicas.



sábado, 22 de xaneiro de 2011

A ruta do chicle





Pija ou non pija, sempre espero as películas da Coppola con fervor...


Planeta vermello




I don't wanna / I don't think so
Fear, fear...
eh, kool thing... come here...



Que belos son por fóra e que difícil atopar un enteiriño por dentro...

Cara nada (sempre teremos 17)






Share577 Comments (40) Jessica Hopper guardian.co.uk, Thursday 20 January 2011 23.30 GMT Article history. Iconoclasts … Huggy Bear. Photograph: Erica Echenberg/Redferns


Nearly 20 years after its zenith, Riot Girl, the fiery flash of a feminist movement born of the American punk rock scene, is living on – its legacy playing out in the sound and ideas of a new crop of young female musicians. "If it wasn't for Riot Girl, right now I would be in a godawful heavy blues band." Marissa Paternoster is laughing, but she is totally serious. At 22, Paternoster, the front woman for Screaming Females, is the imminent guitar heroine of the American underground – a monster of talent and skill, she shreds with confidence – and it's hard to imagine her owing anything to anyone, let alone a short-lived movement that came and went when she was still a child. Nevertheless, she is hardly alone in crediting Riot Girl for introducing her to ideas and bands that helped shape the musician she is now.



One of Riot Girl's fundamental tenets – that girls' ideas and visceral creative impulses are valuable – has proven to be as instructive now as it was in 1992, when the movement was at its peak. It was that idea that helped encourage Paternoster and, she jokes, "liberated" her from the idea that there was only one right way to play music. At 14, Paternoster was an avowed Smashing Pumpkins fan, just learning guitar. "Their music made me think, why bother?" Paternoster then discovered the Olympia, Washington-based independent label Kill Rock Stars and began excitedly exploring their catalogue online, downloading songs from bands that had been at the centre of the movement, whose incendiary slogan was "Revolution Girl Style Now!"



Riot Girl's musical mainstays – Bikini Kill, Bratmobile, Heavens to Betsy in the US, and their UK counterparts Huggy Bear – had been broken up for years, but their sound and messages made them iconoclasts. Their mere existence retooled feminism and punk for new generations of music-obsessed girls, showing young women they could start bands and put their lives, frustrations and inspirations into song – and that you didn't have to be a virtuoso for it to be powerful.



"When I finally heard [all-girl bands] Heavens to Betsy and Bratmobile, it was a revelation – it was instantly relatable, musically – it made me not want to give up. I had never been into political ideology, but I got really excited when I read about their ideals." It was also the first time Paternoster heard openly gay women sing about being queer. "At 16, I had no gay peers and a lot of gay shame. Hearing that made me realise that there were people out there who were cool and they were queer, and unbeknownst to me, it wasn't a big deal. That was the most important part for me."



While Riot Girl's particular values varied from girl to girl – the movement was a loosely organised network of thousands of women worldwide – its adherents were united by their shared feminist beliefs, and by outrage. It began in the early 1990s in Washington DC with informal conscious-raising meetings, where young women – including members of Bratmobile and Bikini Kill – gathered to talk and support one another amid a rock scene that was very much a boys' club. Personal testimonies and manifestos were spread through photocopied fanzines – the precursors to blogs – and distributed by hand or through the mail. The message in the zines and the bands lyrics was "You Matter" writ large, flying in the face of mainstream and underground culture that denied the value of their ideas and art.



Over the span of two short years, Riot Girl was built into a network, with chapters meeting in cities, and isolated girls identifying as Riot Girls, then connecting with each other through the mail or at shows of all-girl bands. There was no particular hierarchy, or rules – the universal mission was to offer a sort of radical feminist camaraderie – but the bands, particularly Bikini Kill, operated as the party organ, spreading the you-can-do-it gospel of the girl revolution.



Almost as fast as Riot Girl arose, it dissolved and fractured, and by the mid-90s, so had the associated bands. While Riot Girl had been life-changing for the people who had been inspired by it, the primary evidence of the movement's existence were contained on the records and lyrics sheets of its bands, so it's natural that its legacy would dovetail out of the recordings it left behind, even though it wasn't a musical movement so much as a social one.



Yet, for Annie Clark, the singer-guitarist who performs as St Vincent, what she found within those songs was more than just empowerment. She was a burgeoning musician in her early teens when she discovered the remnants of Riot Girl through online forums and mail-order 7in singles from Kill Rock Stars, and the ideals spurred her even more than the music. "It was an outlet for me, growing up in this conservative Dallas, Texas landscape. I didn't know there was a big world out there, or what it looked like. It was very exciting to me, to know there was this pocket of culture happening, and it was super-subversive, or so it seemed to me at 14. Seeing that empowerment made me really want to escape Dallas." While Clark was well versed in female classic rock icons – Janis Joplin, Grace Slick – the stance of Riot Girl bands was something else entirely. "It seemed like they were trying to own rock in a new way."



Perhaps more than own rock, Riot Girl bands sought to decimate the old model, and to make a space for their own bands. Riot Girl's earliest post-mortem iteration was Ladyfest, an all-female band festival that celebrated its 10th anniversary last year, and which, like Riot Girl, has been adapted and franchised across the globe, with concerts taking place everywhere from Chicago to Seville.



While Ladyfest sought to support and hew together girl bands and their fans, Girls Rock camps, which followed a few years later, are perhaps the most visible and successful representation of Riot Girl's aim, at least musically. Girls Rock camps – which now number around 30, internationally – are girlifying the future of rock'n'roll. Over the span of a week, girls aged between eight and 18 learn rock instrumentation, form a band, get lessons in music history and get to play a show. The camps' instructors are older female musicians themselves (Beth Ditto of the Gossip, former Hole drummer Patty Schemel and Mary Lou Lord are some of the more notable names), many of whom were former Riot Girls or were themselves inspired by Riot Girl bands.



Beth Warshaw-Duncan, director of Girls Rock Philly, the Philadelphia-based camp, found Riot Girl's idea of self-created community to be especially powerful. "It was the first time that I saw women and girls creating their own media, and their own communities, outside of established channels. That meant a generation of women working out their own definition of success and empowering each other. Girls Rock camps continue the work of Riot Girl through mentorship and empowerment, sharing that if you don't like what you see in the media, or don't see yourself represented, you can make your own. That idea is so rewarding, I'm not at all surprised at the huge rate of expansion of rock camps around the world."



For women who came up during Riot Girl, who struggled to be taken seriously as musicians, rock camps are a measure of how much has changed. For Bratmobile drummer Molly Neuman, seeing the camps and wave of young rocker-girls they are turning out is especially gratifying. "My motivation to start playing music and start a fanzine – a lot of it was to fill a lack. There were of course women musicians and bands, but their relative success was small compared to their influence. We craved information about girl bands, their records and their shows. There was very little encouragement at the time to start our own bands. I can't fathom what it would have been like to have had the opportunity to find like-minded girls from a younger age, and a network of support in place to encourage creativity with them."



While Riot Girl may not get shorthanded as a musical movement, it's impossible to disentangle its social, cultural and ideological components. Its most generous and lasting gift to the legion of girls and women whom Riot Girl has shaped is perhaps its sense of permission. Sara Marcus, author of the new book Girls to the Front: The True Story of the Riot Grrrl Revolution agrees. "Riot Girl didn't invent that, but it spread it, and in hitching it to feminism Riot Girl channelled DIY's liberatory potential toward the purpose of saving girls' lives. So I hear Riot Girl's legacy in any project of people picking up instruments and making noise without worrying about being marketable or cool, without worrying about having the right gear or the right training."



For Marissa Paternoster, it was permission to play how she wanted and be who she was. For Annie Clark, it was the permission to dream of a life bigger and louder than what she knew. For the founders of rock camps, Riot Girl bequeathed the idea that they could change the shape of rock and empower 12-year-old girls' rock star dreams. And for the young girls at the camp, wailing away behind the drums with abandon, the measure of Riot Girl's legacy is how blissfully unaware they are of what it was like before.



[Jessica Hopper is the author of The Girls' Guide to Rocking, out now on Workman Publishing.]



[O Guardian inclúe Sevilla (si si a península está aquí abaixo, oeo!) no artigo dos 20 anos das riot!!! Bravo!!! (grazas intrépida teclista por enviarme a nova)]

venres, 21 de xaneiro de 2011

Flores de Sombra


Como se nota que imos para grandes que as amigas literarias escriben e escriben e escriben... Sofía estrena ano e novela xuvenil, que gozada, todo o seu mundo vexetal e fantástico, o mundo da pel dos espellos agora transformado en novela para mozas e mozos!



Noraboísima, Rhei!




[A próxima semana na rúa!]


Novas descubertas




xoves, 20 de xaneiro de 2011

Cólledevos forte






Para M., ela ben sabe por que



Esta canción sempre me levará a elas, esta canción sempre será cobrar sen pausa a unha ringleira de clientes á que non se lle ve a cola, que a ritmo de martelo aterrador váisenos achegando sen pausa, con miradas de esguello primeiro e de espanto cando unha de nós alonga os fíos-os dedos, un fino brazo dobra a súa lonxitude de goma ata a rodeliña do volume para darlle velocidade á música mentres as demáis e o outro brazo da intrépida teclista seguimos golpeando números xa non ao paso das asasinas miradas senón ó da ledicia dos coriños deste feixe de mozos que nos trasladan a unha morte segura á que nos encamiñamos pisando o acelerador co noso pedaleo conxunto baixo o mostrador, felices cal perdices.
Estes foron uns días despreocupados onde no curro caseque eramos unha, onde a menos pensada traspasou a fronteira da fin do contrato e se converteu nunha amiga, nunha persoa á que coñecer e ver medrar (e vaia se medra!) coa que compartir palabras e tolerías nouturnas  -ó menos no conto do reverso do día- ...todo isto se me vén á mente chea de orguio e morriña cando a vexo en Paris, sorrindo nas fotos, namorada e premiada (literariamente), siiiiiiiiii; ela, que sempre me caeu ben aínda cando non a coñecía de nada, ela, coa que moitas mantiñan distancia e outras proclamaban o seu odio ás costas: sería polas súas preciosas (e amenazantes) tetas grandes? Ela, que parecía a máis pequena de todo, fráxil porque non poñía o seu don en práctica nesas catro paredes na que milleiros de diarios clientes extranxeiros se botaban enriba do que parecía unha barra para pagar... as súas gaitas. Cando saímos daquela caixa de mistos puiden ver á nena de ollos grandes e pel ultrasensible que tiña diante, e sentir como expandía a súa maxia ata arrincarme bágoas (e non só polas birras) no camiño de volta á casa. Fálovos dunha de poucas que andan por aí -unha histérica marabillosa que diría unha boa psicoanalista- co corazón retorto e o sentido e a sensibilidade unidas ó paso dos tempos, como unha avoa inmortal, unha muller invencíbel que leva escrita a súa xenealoxía nos poros e escribe a de tódalas relacións que habita, porque non pode evitar humanizar todo o que toca, e dotalo de eternidade.

mércores, 19 de xaneiro de 2011

Lúa de primeiros de ano


"Catorce", gústame a palabra, pero non o número.
De feito é unha das miñas verbas favoritas, coa idea da idade incluída.
Penso isto cando leo o que nos propón Luna.
[merci, Luna]

Aló foi o ano (2010)




Recordos e día de festa





[Fotiños da casa 2010, debuxo meu do 2001... more or less]

luns, 17 de xaneiro de 2011

Mercenarias da fantasía



Belísimo o espazo de Estíbaliz sempre, que se reinventa cada pouco, que nos permite meternos entre as súas pernas nun formspring ou moderna entrevista a tempo real (case), chat con signo de interrogación, ollo-prato na pechadura presenciando diversas e  preciosas viviseccións en vivo, espectacular espirse e vestirse , luxo da nosa literatura, da nosa arte, viaxe ó espazo interior que quere mesturarse con outras diante e detrás do espello... que máis se pode pedir para rematar un día raro, un luns coma outro de choque nun tempo de inestabilidade (as always!) pero tamén tempo de ilusión e traballo! ai, grazas Espinosa por ser un final fantástico, un porto especial para a aventura do cotiá, a oportunidade de durmir cun sorriso na boca... non só polo biquiño do ben amado favorito como último contacto esperto co mundo fero, senón pola cómplicidade da tinta, indestructíbel, puro pracer da resistencia.


[Fotiños: o cabeceiro do blog de e...e e o seu disparo ó calendario de mozas de El Gaviero ]

sábado, 15 de xaneiro de 2011

"Que tan sólo nos separe el ataud"

Disque o tempo pon as cousas no seu sitio, parece que si, o outro día pasamos unha boa tarde co fanzine Spit on the major, o Escupe al alkalde de sempre (nun inglés en fase de aprendizaxe, divertidisimo!) dunha figura respetadísima (seica internacionalmente) do punk ibérico... pero non sempre foi así, houbo outros tempos máis duros para este belo argalleiro invencíbel, Teodoro!


[Banda sonora imprescindíble, Firmeza 10, coas que Humor vítreo tivemos a sorte de tocar en Bcn -grazas ás fermosísimas k&r!- aquí, coas miñas silla eléctrica favoritísimas en primeira liña de atake! jeje, que tempos os de el cierre (c.s.o.), snif!]


Aquí unha homenaxe de Kronstadt, siii, xa sei que está noutra entradiña do blog, pero é emocionante e me fliiipa!!!

Espellos de prata







[Fotos: as dúas primeiras son miñas da primavera pasada; e esta última é a que presenta a expo que vos enlazo, da artista Dru Donovan]


Girl Crush!





venres, 14 de xaneiro de 2011

Mucho muchacho

 Que le dernier cri mola pero queda lonxe? que qué mágoa que por aquí non se poida mercar arte como quen merca outra chaqueta de sobra? agora si, chega á península un fermoso proxecto: SERIEARTE, que promete continuidade e ofrece calidade! serigrafía profesional de artistas variados por 29 euriños! na súa páxina podedes ver o catálogo dos que  comezan esta aventura! pero correde que as copias son limitadas e xa hai intrépidas que están prendendo lume á súa conta cun só click do rato virtual!
Só un desexo futuro, que as debuxantes entren a moreas pola portiña da arte económica e o fluir da tinta... que estén aí de xeito natural, sen ter que comer galletas que as fagan grandes, nin beber frasquiños que as mingüen...
Noraboa rapaces!




[Na foto os meus debuxos favoritos, os de m.donada e o de haz!]