mércores, 28 de decembro de 2011

Veredicto: guillotina.

 

No existe el tiempo
si no lo cambias
lo cambio yo.

No me preguntes
no te contesto.
Las cosas salen
si yo las quiero decir.

No me defino
nada es completo.
Soy como un árbol
en invierno.

No finjo ideas
que ya no pienso.
No llevo ropas
para otro cuerpo.
 
 
[Da canción "Bajo tus luces", Kiki d'akí] 


Finalmente, despois de moitos meses, rematou o xuizo.
Veredicto: guillotina.
E non foi fácil. Por fin rematarán as idas e vidas, os soños belos -si, con vestidos cor champán e campos verdes tremendamente luminosos, si, a eses debo dicirlles adeus tamén-, os pesadelos, a tinta branca, branco enfermidade (o da fermosura da neve tamén, ten que haber onde agarrar para nos encadear), o berro inmóvil, o cemento engomado, o cal que engrosa as paredes, e cando queima tamén. Por fin, tanto traballo e desatino, tanto desexo -maiormente debuxado unindo con moito esforzo as liñas de puntos-, tanto ir e non vir esnafrouse contra a miña parede, que existe, vaia se existe. Que non hai distancia que me separe do mundo? Que aquí todo ferve até o ponto de facer desaparecer a pel, esa fronteira? Nanai,
non,
non,
non. Antes de rodar a cabeza da Raíña, recibiu un só golpe... contra o meu cristal... e
caeu, caeu a Raiña do Silencio. Rodou, rodou a súa cabesa.
...Guindeina fóra de xogo...
aiiiiiiii, qué ben!

A neve e o sangue cada vez están máis separadas. Si, a etiqueta confusion is sex xa non ten sentido no branco silencio. Volta ser miña, negra&vermella. Volta ser adolescente, volve ser un remuíño que confunde a paixón coa forza e é da cor do sangue. Ben, ben, ben!


[collage by me, fíxeno fai tempo para o Xoguetes póstumos de Emma Pedreira, como póstuma tamén é esta carta-entrada-relato de cuspe]

Lagoa de sangue, fóra a neve!




Porque ás veces hai que dicir até aquí, -contra os desexos mal ubicados, aprendidos, doorosos- sen saber por qué, só sentilo, bye bye, babe, bye bye bye bye babyyyyyyyyyyyyyyyyyyy

e por qué o punk, por isto, porque aínda hoxe en día nos salva da culpa, e nos deixa cuspir e vomitar sen mirarnos de esguello (a nós mesmas). 


eu elixo a beleza total, ou o odio! siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii


[grazas a H. e a J. por crer na actitude-reacción-expresiónexplosióndoodio. Lembreime moito deles e acariñáronme por dentro despois da miña fazaña! (hai que oilo moitas veces e ver estraxexias para enfrontarse, e non aguantar!!!]




sábado, 24 de decembro de 2011

Little Lulu, Little Ana



quen me dera (quedar n)a casa un día como hoxe, vendo comiquitas...

martes, 20 de decembro de 2011

The protester, we are. Nós somos todxs.

 Nos tocan a una, nos tocan a todas -repetimos
(berro nas manis sobre todo contexto feminista e/ou libertario)

Nuestra venganza es ser felices
pintada das graffiteras mujeres creando de Bolivia


O Nadal serve para moitas cousas, para repensar a nosa fuxida da fe, ou para celebrala, para rematar o ano, para revisar contas e non meterse noutras -como dicía Scrooch- e para encamiñarnos cunha nova actitude a un mundo descoñecido por nós, pero ben coñecido polos nosos maiores. Por iso a nosa ledicia e forza será fundamental: cando nos rouben máis tempo, cando nolo paguen menos aínda, cando nos infravaloren como man de obra e só sexamos isto, cando nos presionen para compartir piso, casar ou parir asumindo que seremos máis pobres pero máis felices, para todo iso, cómpre vivir como se hoxe fose o día! 

Así, libriños, películas, discos e diversas artes coidarán das nosas cabezas; discursos de fortaleza e liberdade curarán as nosas feridas e sobre todo, ese calor humano e ese tempo que sempre foi e será d'ouro, pasarémolo cos nosos, coas nosas personas favoritas -descendentes dunha mesma liña sanguínea ou elexidas- ou con outras máis descoñecidas, pero belísimas compartidoras xentes de proxectos que nos cundan e nos arroupen, que nos empurren a un futuro propio, que como este protester -e ben soubo ver a Time- , somos nós, todas, co noso berro exípcio, grego, madrileño... etcetcetcetc..., as personas máis importantes do noso ano.

Boa semana vermella, e que neve, que son dous días!


[ ilustración, capa da revista Time, roubada en salon.com]


domingo, 18 de decembro de 2011

Buah, qué noite!



2 presentacións para dúas noites fermosas. Teño ganas de ver a revista Otras Palabras, por todo e para ver como quedaron os collages que lles fixen!  Mágoa non enteirarme da presentación para poder pasar cediño darlles un biko antes da festa buah! estará no spam o mail!!??? a ver qué contan estes argalleiros literarios! 
 E as pequenas de buah aló quedan bailando, encantoume a metáfora de rachar pratos para atallar a ira pequena, e aprender a xestionala, antes de pasar á raiba e á violencia... a poesía foi interesante. E "Le Parody" ben riquiña, unhas veces popmelódica, outra enraizada no surpormindescoñecido e outras con máis ecos ao JuanaMolina, xogou ben as súas cartas e currouse o concerto! a pinchada fetén, como dirían elaxx! 
Chévere.
Se queredes conseguir o zine ou lelo, andará por aquí nun tempo...

xoves, 15 de decembro de 2011

E.T., phone home...

[Fotoroubos!]

"¡Escupe mentiras en la ciudad!"



Mañá estaremos polo menos a fan número1 e o fan número2 en primeira fila atomizando!
ra ra raaaaaaaaaaaaaaaa
Temos sorte de que os gafa pastas máis mentireiros da cidade lle dean bicos a este amado atomizador noso, xa que de agora en adiante el di que só vai (que só toca) onde o queren!





o peque, vai un aniño xa nunha parada -galega!- desas xiras que se marcaba no ALSA...  ;D muáaaaaaaaa

Brigadas cidadás

¡Ninguna persona es ilegal! -repetimos



así vivimos por aquí. Algúns cidadáns queren crer que hai moitísimos criminais de cor- Outras, sabemos que dos que hai que fuxir é dos uniformados. Grazas á xente das brigadas e por brindarnos a oportunidade de identificar estas redadas racistas e ilegáis e por darnos folgos para pararnos a ver qué pasa, preguntar á policía -o cal lles molesta tremendamente- e ata botarnos carreiras detrás dos redadistas.

 Máis info, aquí.
Para asinar esixindo a fin destas redadas, aquí! grazas.

mércores, 14 de decembro de 2011

Silencio vs Tinta

Escribir é o contrario do silenzo? di Benjamín Prado (a interrogación é miña).

Cecais sexa botarlle un pulso ao silenzo. 


[fotoroubo a etsy]

domingo, 11 de decembro de 2011

Nadal barbudo


qué fermoso salonciño o de una buena barba!

Love love love




I n c r i b l e canción e reencontro. A m o r  comeza por L

Deixa ao teu mozo!*

[Este textiño está adicado a María, a Jose, a Leire a Marta, Ágata e a Andrea, elas saben quén e por qué.]


El concierto de Wanda Jackson fue precioso por muchos motivos, 
pero joder, es historia del rock'n'roll, ella fue una de las primeras 
tipas en colgarse una guitarra en el escenario. 
Ágata
(Fukk yeah, grrrl!)



Van xa algúns invernos dende que María e as súas redes andaban argallando o primeiro Ladyfest na península. E algúns máis dende que eu me enteirara da existencia do proxecto e soñara con ir a Los Angeles por ver cómo se xogaba neles. Fai algunhas nevadas que outras argalleiras conspiraban de novo (no 2010 e no 2008) e tentaban achegar a todas rapazas que quedaran na casa, a furia da música, esa canle de expresión tan voceira e auténtica e á  vez tan encorsetada atada, tan sistematizada e regulada polo sistema patriarcalcapitalista.
Andaba eu hoxe oíndo aos guns n' roses para preparar a miña "sweet child o mine" que ando a aprender na guitarra e puxen o video destes señores que tamén me chamaban a min no instituto: a gloriosa "sweet child...", a besbesellante "november rain" e o caos da "wellcome to the jungle".  E flipando flipada flipei coa cancrosidade dos punteos machocore do slash (impresindíbel a pose de baixar a guitarra até... e rañar aló), do xesto de cazador tenro -como diría Ángela Carter- do Axel, e sobre todo, cal bolo alimentício caendo no meu ácedo estómago, ou grolos de efervescenciapatriarcal que tragamos gustosas dende meniñas, arrepioume o conxunto de imaxes de tipas que van aparecendo mentres o frontman da banda, se ensortella nelas, deixando claro que as  melenas  e mallas dos (guns=)pistolas, se por unha casualidade a alguén se lle ocorrera lelas como andróxinas, para nada o eran! 

Que o rock non che fale á orella, ou que o faga especialmente, que se converta no fondo dun pozo negro no que nunca te reflexas, ou no espello que che di o que queres oir, é esecial para que tantas non subamos ao escenario nin con soltura, nin con premura e sobre todo para asegurar o NUNCA; e á vez e sobre todo para determinar que outros moitos (demasiados?) se sintan reclamados a expoñer corpos e atributos, mediocridades e ardorosos talentos, isto é: todo o que son, o que representan, todo no que cren e que lles prúe espallar a berros! 
O que digo é que hai unha diferencia entre ver e non ver, entre estar e non estar, escrever e non escrever. Unha enorme diferencia nestes dous xeitos de vivir as nosas músicas. Por iso, e para quen non  queira oílo:  que non haxa mestura nos escenarios e nos concertos si importa, que non se diga a palabra F E M I N I S M O cando a Música están en cueiro de nos aceptar como talentos e identidades fortes e independentes dunha herdanza en "O", si importa, que só se busque aos amigos para ver se tocan algo e se lles apetece probar e non ás amigas significa, e que o repensar actitudes, letras, discursos e tempo's non é o noso traballo feminista é o voso, sexa como sexa o voso corpo de muller, home ou inter.

Nós sempre estaremos aquí, ensortelladas na mazá máis brillante, e... pensándoo ben, semella que o vinilo nos roubou a textura húmida da nosa malvada pel de caramelo! ;D




*título homenaxe a Búscate un novio
[fermoso collage ladyfester, de Gelen jeleton.com, graaazas polo envío especial! e a María, ponte e argalleira!]

I'll be your plastic toy

ntes do quince de maio, nunha primavera alterada e apaixonada esta canción soaba na miña casa, na miña testa e na miña vida cada día, agora soa nas miñas maus e na miña mente que xa é un ring, seis cordas sepáranme da realidade.




 es esta sempre me leva a esta serpe...
ais, carameliños maléficos! i have a crush on u, too!

xoves, 8 de decembro de 2011

S e N

Que neve e que arda a un tempo


Crepúsulo ou The Twilight Season


Fotoroubo belísimo. O texto dicía algo así: isto si é crepúsculo e non a saga. E nós para celebrar este decembro nevado de carapuchas sangradas imos ó cine para que ademáis de xiar, arda.

martes, 6 de decembro de 2011

Audre sabe!

fotoroubo para quecer neste gris decembro. Será gris de neve, gris de luz, gris de intensidade.

Feliz, feliz nadal!

Madrid2noticias

Esta tarde en Sol concentración por las familias desalojadas del vía
Juventud SIN futuro

y el espacio vecinal Montamarta en San Blas. Buena manera de celebrar la constitución: ARTICULO 47... Seguimos
Juventud SIN futuro

Seguimos , y ellos apostando por casas vacías y gente en la calle Por el , por el Alquiler Social Universal YA
oficinaviviendamad

RT : 2003,cuando tds ls xpertos ngaban burbuja inmobiliaria Sguimos Alquiler Social Universal YA!
 

Feliz día da non respetada Constitución!

Artigo 47 da Constitución Española

“Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos”

A meniña do capuz vermello e outras histórias




- Presidentiña, qué botas tan grandes tes!

- Son para pegarte mellor!  


[foto: olmo calvo]

Sen medo. Nós, o futuro

Esta noite foi así para moitxs. Para outras houbo máis medo e menos vida violenta, pero aquí estamos, encollidas sempre nos petos delxs. Graaazas por tanta valentía, tanta beleza e por achegar o futuro nomeando o que nos roubam, que nolo rouban.Coma se este conxuro representado, fora librarnos de tanto mal (que nos fan). Obrigada, obrigada, obrigada.

panorama en carretas postdesaloxo, que rima con noxo! (fotoroubo a unha tv ou a un xornal...)

 Concentración a partir das 20.00 h. en SOL

 Exército do terror asegurándose de que ninguén sen casa (deshauciado polos bancos) durma esta noite en casas baleiras da cidade, bonita misión! Xs cidadáns, os cidadáns contentos de que existan este metemedos, estes cocóns.
 

 Rumbo áo centro da cidade: cortar Gran Vía, chegar a Cibeles, saudar ao Congreso, subir Atocha, sentar en Jacinto Benavente e gardar silencio, voltar á casa, a SOL e okupar de novo.
 "Un desaloxo, outra okupación", sempre será literal!



Ata mañá, familias, que durmades cal anxiñas, esta noite sorrimos mentres adormecemos... igual ca onte (até as patadas policiais na porta), Igual que MAÑÁ. Xuventude futura, xuventude sen medo, con casa!




[Tódalas fotos roubadas a fotogracción, e máis aquí. A rota e demáis lida no twitters #desalojohotel . Video roubo aquí]



luns, 5 de decembro de 2011

Re-write

Reading a book is like re-writing it for yourself. You bring to a novel, anything you read, all your experience of the world. You bring your history and you read it in your own terms.
Angela Carter


Xusto, e isa é a marabilla dos obradoiros de lectura colectivos! Que non só compartes a túa visión, senón que escoitas moitas outras!

Carter e Paley xuntas

A ver se aprendemos máis que Xan!

Interesante é a relación que fai este Médico de Guardia entre o bloqueo das tarxetas sanitarias e a cartilla de pobre de dinais do sécuo XIX. Uf, noraboa aos que credes na andai
na dos cangrexos!



E agora o momento positivo e empoderador, esta semana, ideas para deixar de ser Sísifo!





Esta semana en Vaciador34 (http://vaciador34.blogspot.com/) proyectaremos 2 documentales franceses que giran en torno a la autonomía y la colectividad, 
llamando a la desobediencia y la imaginación para generar alternativas autogestionadas al trabajo asalariado. 

Para este martes y jueves, abrimos a las 19.00 con "Les glaneurs et la glaneuse", de Agnès Varda, y con "Volem rien foutre al païs, de Pierre Charles, respectivamente. Luego, ya sobre las 21.00, proponemos un espacio de debate sobre lo visto, abierto a todas a las que nos apetezca.




domingo, 4 de decembro de 2011

+++

Algunhas persoas, loitando polos dereitos de todxs, xogan a vida nalgunhas partes do mundo.
Iste é o caso de Norma Andrade, que a perdeu fai un par de días. Preciso é sabelo e facer todo o que poidamos. Como mínimo, pasar a palabra, de que o enorme feminicidio de Juárez segue vento en popa a toda vela anos despois do seu comezo, e a comunidade internacional seguimos ao noso. As activistas tamén están no ponto de mira, no obxectivo do tiro. E sempre xogan a matar. Sangrante.

Unha aperta de amor, dende esta beira.

Contactos, aquí: Nuestras Hijas de Regreso a Casa

venres, 2 de decembro de 2011

O poema do croissant

[Dana Hoey ]


Coma un croissanciño de madeira vernizado
nunha grande cidade
cando todo é ser outra              de viaxe
son o teu almorzo
sopas no leite
déixome caer, mentres me falas
da bonita bañeira que nos tocou no cuarto.

Hotel e _________
como el
ao que eu desexaba
ter, coma un amuleto que me protexa
do cuspe do mundo,
escudo de vetas queimadas,
a porta fecha dunha caixa forte blindada,
este armário.



V, V, V...