Páxinas
▼
martes, 12 de outubro de 2010
Aprendendo do pracer luminoso ou escuro
que sería eu sen ter atopado unha fiestra ó meu interior
un viaxe ó centro do meu ollo
como un xogo de espellos nun laberinto infinito...
que sería de min sen atopar femalepersuasion.net aló polo 2003.
Ando enleada nun proxecto que lle debe moito, así que non quero esquecer
o caminiño que comezou daquela, nestas páxinas virtuais, tan reais agora,
para moit@s de nós.
***
Meus amigos, as miñas amigas sorpréndense sempre:
non visto como unha babydoll máis as meigas saben que o tento, jeje,
non teño un perfil perfecto, nin o éxito social move a miña vida,
nembargantes admiro a todas estas artistas que por moi enfermas que estean -algunhas- traballan tanto...
a todas estas obsesionadas coa imaxe que tanto nos revelan,
que tanto agochan e así acenden as identidades coma un neón ao Tracey Emin.
Todas elas forman parte para ben ou para mal do meu adn,
e do de moitas outras, penso...
Así, en positivo, quero contar con elas, xogarmos ós segredos,
en pijama ou traxe de noite, ser princesas ou parte dun pesadelo.
Sempre agarda a dura e doce realidade que tanto custa descubrir
baixo da pel.
Esta é a diferenza entre ser pequena e grande: agora podo saber case o que hai detrás de cada unha
sen botarme polo barranco do que elas saltaron...
Ningún comentario:
Publicar un comentario