Páxinas

martes, 19 de outubro de 2010

Devindo reflexas



Cañas. Bodega. Heteronorma desfeita de tanto perfilar. Perfilar os ollos. Perfilar os beizos. As comisuras, ese 10% no que podemos non estar dacordo de que carreiriño seguir porque se cadra vémolas dende lugares diferentes da boca.
Conclusións: 1ª. todo o mundo ten o seu padal do que sair ou no que esconderse. 2ª.algo de sorte axuda a ver en que posición o espelliño non cega, só reflexa. 3ª. de novo grazas "devenir perra" por tanto rouge corrido, e a forma tan bela de velo, como unha mancha de tinta, como unha oferta sincera.

[roubo dun lipstick coma outro, aínda que ben apetitosa a mazaíña e a miña queridísima e descoñecida Anne!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario