Páxinas

xoves, 14 de outubro de 2010

Con festas comezamos!



Andade atentxs porque planetas como Galiza & Brasil colisionarán dentro de dúas semanas deixando tras de sí unha estela de música e poesía que nin nós mesmas sabemos de qué cores será... Pero divertido, ben seguro!



E por outra banda o incrible, e isto é literal, fanzine JO, TÍA! -aínda que en dous tomos cada un deles cun CD de música moderna!-, unha verdadeira antoloxía da cultura xaponesa feita por un só rapaz (escribindo, deseñando, levándoo á imprenta e distribuíndo) sae á rúa presentándose en sociedade... d.i.y. oriental dun madrileño especial! Del podedes informarvos aquí (supoño que a web tamén a fixo el... jeje!) e o mesmo vos digo... andade con ollos ben abertos que axiña confirmará día e hora da festa que incluirá  mirindas (espero!) e concerto...




[Engado cartaz do festigal porque me encanta!, non porque teña que ver!, para ilustrar o acontecemento galego*tropical... e  a outra ilustración é do Jo, tía! marabillosa!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario