Andade atentxs porque planetas como Galiza & Brasil colisionarán dentro de dúas semanas deixando tras de sí unha estela de música e poesía que nin nós mesmas sabemos de qué cores será... Pero divertido, ben seguro!
E por outra banda o incrible, e isto é literal, fanzine JO, TÍA! -aínda que en dous tomos cada un deles cun CD de música moderna!-, unha verdadeira antoloxía da cultura xaponesa feita por un só rapaz (escribindo, deseñando, levándoo á imprenta e distribuíndo) sae á rúa presentándose en sociedade... d.i.y. oriental dun madrileño especial! Del podedes informarvos aquí (supoño que a web tamén a fixo el... jeje!) e o mesmo vos digo... andade con ollos ben abertos que axiña confirmará día e hora da festa que incluirá mirindas (espero!) e concerto...
[Engado cartaz do festigal porque me encanta!, non porque teña que ver!, para ilustrar o acontecemento galego*tropical... e a outra ilustración é do Jo, tía! marabillosa!]
Ningún comentario:
Publicar un comentario