“Estades convidados a atravesar unha verde porta que nos lembra, cos seus murmurios, que na escuridade deste mundo aínda hai un recuncho no que as gorxas loitan contra o silencio que ameaza con volvernos a tod@s mud@as, tol@s, ceg@s, coma vellos naufraxios sen espírito durmid@s no interior dunha balea que non parimos, pero á que alimentamos co noso covarde ollar indiferente”. Así comeza Sétimo andar, poesía alén, o segundo dos libros de poesía publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo que defende a “poesía en galego e para Galiza” e que se presentou onte na Cova dos Ratos.
Os seus integrantes afirman que máis ca un colectivo pretenden ser un espazo, xa que consideran a poesía como “un espazo aberto onde sempre é posible un encontro que se constitúe nunha máxica coincidencia de soños (im)posíbeis”.
O certo é que o resultado do seu traballo foi todo un posible materializado nas páxinas nas que nove poetas baleiran a súa inspiración de xeito social, político e intimista. Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal son os responsables de que o lector abra a porta do sétimo andar a un mundo de versos e metáforas.
SEGUIR LENDO>>>
[na fotiño: Alfonso, Alberte e Rosa]
Ningún comentario:
Publicar un comentario