Regreso camiñando polo centro da cidade, pegada á pantalliña azul, con máis ganas aínda de escribir o conto sobre o zapato atopado no portal, un tacón imposíbel, unha fervenza de lazo para o nocelo, unha sorte de instrumento de tortura sm, pero tan de conto como se fose debuxado... veño da presentación de OTRAS PALABRAS, unha revista que se edita dende fai 10 ANOS!!! que se di axiña!!! mentres os fanzines van e veñen, as revistas desaparecen polo peso da rede, estas editoras e editor, Rocío, Carmen, Begoña e Ricardo -que ademáis escriben, e montan mil e un eventos regularmente- resisten, argallan, desfrutan sen dar explicacións, sen xustificarse. Poemas e relatos enchen as páxinas da súa publicación na que novísimos e recoñecidos se dan a man naturalmente...
Foi unha pasada ver como todo isto se xesta, como se relacionan, como tiran para diante apaixonados pola arte, sempre integrando, sempre compartindo... esta rara avis, Otras palabras, ademáis pode atoparse en moitísimas librarías especializadas de Madrid. Botádelle unha ollada!
[PD: comezan tertulia literarioartística o próximo domingo antes do recital mensual, queren xuntar e mesturar creadores de diversas disciplinas para ver que sae de todo isto, xogar e aprender, animádevos!]
Muchísimas gracias Ana por esta encantadora entrada en tu blog... y muchas gracias por aceptar formar parte de nosotros en el próximo número, será un placer enorme disfrutar de tus collages...
ResponderEliminarBesos,
Carmen
cMoitas grazas, linda. Sempre é un placer atopar outra xente que tamén escapa e sobrevive grazas a arte. Así facémonos máis fortes e podemos máis que crises e realidades.
ResponderEliminarMil bicos e, de novo, benvida á nosa tolemia.
Bego