Xa podedes consultar a marabillosa Vinalia Trippers gracias ás excelencias virtuais!!! servidora ilustra a Eduardo Boix na páxina 53!!! Graciaxx, Vicente!!! muaaaaaaa
mércores, 29 de setembro de 2010
luns, 27 de setembro de 2010
Inicio da xira...
Máis presentacións están por vir tanto pola xeografía galega como pola portuguesa... pois a principios de Outubro os compis do sétimo andarán por Porto... podedes seguir as novas en: www.aportaverde.blogspot.com e tamén ver como facerse co noso fermoso libriño!!!
[Foto1-de esquerda a dereita- Ramiro Vidal, Ana Cibeira, María N. Soutelo, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Miguel A. Alonso, Manolo Pipas, Alberte Momán e Rosa Enríquez; foto 2: Ana, Alfonfo, Alberte, Miguel A.; foto 3: ambiente na cova dos ratos]
.
domingo, 26 de setembro de 2010
OUTRAS PALABRAS...
Regreso camiñando polo centro da cidade, pegada á pantalliña azul, con máis ganas aínda de escribir o conto sobre o zapato atopado no portal, un tacón imposíbel, unha fervenza de lazo para o nocelo, unha sorte de instrumento de tortura sm, pero tan de conto como se fose debuxado... veño da presentación de OTRAS PALABRAS, unha revista que se edita dende fai 10 ANOS!!! que se di axiña!!! mentres os fanzines van e veñen, as revistas desaparecen polo peso da rede, estas editoras e editor, Rocío, Carmen, Begoña e Ricardo -que ademáis escriben, e montan mil e un eventos regularmente- resisten, argallan, desfrutan sen dar explicacións, sen xustificarse. Poemas e relatos enchen as páxinas da súa publicación na que novísimos e recoñecidos se dan a man naturalmente...
Foi unha pasada ver como todo isto se xesta, como se relacionan, como tiran para diante apaixonados pola arte, sempre integrando, sempre compartindo... esta rara avis, Otras palabras, ademáis pode atoparse en moitísimas librarías especializadas de Madrid. Botádelle unha ollada!
[PD: comezan tertulia literarioartística o próximo domingo antes do recital mensual, queren xuntar e mesturar creadores de diversas disciplinas para ver que sae de todo isto, xogar e aprender, animádevos!]
mércores, 22 de setembro de 2010
A cuestión social non pode ser patria / témola na pel
Toute grandeur est domination
territorio do disimulo
cobiza.
E se non amas
se nada deixas
nin dás
se nos esquivas...
É pola dignidade?
Mirar alto-estirarse
a postura forzada
-gonflés-
aprés tant d'orgueil
tant d'étrange oisiveté...
Aparentes.
A cuestión social non pode ser patria
témola na pel.
ENRÍQUEZ, Rosa de VVAA, Sétimo andar, poesía alén, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2010.
martes, 21 de setembro de 2010
"Bulbo raquítico"
Os exploradores de texturas KRAPOOLA e ATOMIZADOR xuntos conforman BULBO RAQUÍTICO. Tivemos a sorte de seguir a súa busca o DÍA NEGRO que precedeu á NOITE BRANCA na Tabacalera madrileña::::::::::::::::***
Aquí volos deixo. Unha videoartista completou o raquídeo traballo, pero aínda non dei coa súa identidade!!!

Vigo, noite de verbas
A nova de "o xornal" sobre o noso recital e presentación do libro...
“Estades convidados a atravesar unha verde porta que nos lembra, cos seus murmurios, que na escuridade deste mundo aínda hai un recuncho no que as gorxas loitan contra o silencio que ameaza con volvernos a tod@s mud@as, tol@s, ceg@s, coma vellos naufraxios sen espírito durmid@s no interior dunha balea que non parimos, pero á que alimentamos co noso covarde ollar indiferente”. Así comeza Sétimo andar, poesía alén, o segundo dos libros de poesía publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo que defende a “poesía en galego e para Galiza” e que se presentou onte na Cova dos Ratos.
Os seus integrantes afirman que máis ca un colectivo pretenden ser un espazo, xa que consideran a poesía como “un espazo aberto onde sempre é posible un encontro que se constitúe nunha máxica coincidencia de soños (im)posíbeis”.
O certo é que o resultado do seu traballo foi todo un posible materializado nas páxinas nas que nove poetas baleiran a súa inspiración de xeito social, político e intimista. Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal son os responsables de que o lector abra a porta do sétimo andar a un mundo de versos e metáforas.
SEGUIR LENDO>>>

[na fotiño: Alfonso, Alberte e Rosa]
luns, 20 de setembro de 2010
Abdución na noite máxica do dezaoito
Dúas festas tiveron lugar o sábado á noite:
* imaxes e textos do espacio exterior aterraron na máxica noite, moit@s deixáronse abducir pola nave "Vinalia" tripulada ata este mundo marabilloso...
* outr@s andivemos botando versos ó ar traspasando a porta verde... colectivamente como os nosos compañeir@s dos noventa, cos que algúns e algunhas compartimos ano de nacemento, aulas ou recitais... ou as intrépidas Redes Escarlata
Nuns días, documentos gráficos dos eventos...

venres, 17 de setembro de 2010
Final de Agosto, principios de Setembro
Resistencia & pracer II
A porta verde que ides atravesar
pode ser a do sexo con humor de I.R
porque á pel propia débese todo comezo.
A porta verde que ides atravesar pode ser unha corredoira
interminábel, a que vos queirades, a das lembrazas ou dos segredos.
Pero sobre todo é o desexo o que guía este soño suxo que nos alimenta,
calquera que sexa a súa mancha,
deixará un rego de tinta
pingando eterno

CANDO A IDES ATRAVESAR: Este sábado.
ONDE: en Vigo. Galiza. A terra.
[Imaxes: Pipilotti Rist!]
luns, 13 de setembro de 2010
De Madrid ó ceo
Cos nervios emocionados da presentación do próximo sábado, recupero aquí a reseña de Xullo de VICENTE ARAGUAS sobre o noso Marés nos pousos do café. Mostra de poesía en lingua galega en Madrid, que publicou no nordesía do Diario de Ferrol...
alucinante!
***
OS POETAS GALEGOS DE MADRID TAMÉN EXISTEN
Eu acuñara unha frase segundo a cal os autores que escriben (escribimos) en galego fóra de Galicia nin somos nin existimos. Se cadra porque estar, estamos (pero alén de Galicia, en fin). A tal frase fixera certa fortuna, de xeito que aínda serviu como preámbulo a un libro de Xosé Lois García no que este antologaba poetas galegos en Catalunya. Sigo subscribindo a tal frase, só que con matices. Os que escribimos en galego desde o exterior existimos, si, pero básicamente para esas comunidades da Galicia da diáspora que teñen senso cultural ademais das consabidas manifestacións gastronómicas. E antes de que ninguén expoña que eu en absoluto estou ninguneado, que edito con certa facilidade no país, que teño aquí certa presencia en congresos, conferencias e demais, direi que así é, que a queixa non vai a a título persoal senón colectivo, mais tamén que detrás miña hai unha chea (miles) de artigos publicados en galego, con temática múltiple pero incidindo no tema literario, como este que agora ten diante súa. E no que, revindico un mangado de poetas que en Madrid, semiesquecidos, andan a baterse duro por defender unha lingua e a súa formulación literaria. E xa que logo hoxe quero falar de Marés nos pousos do café (El Taller del Poeta, Pontevedra, 2010), subtitulado “Mostra de poetas de expresión galega en Madrid”. Un libro colectivo, presentado por Asunción Canal Covelo, no que se deixan ver ata nove poetas. Eles son: Miguel Barrera, Ana Cibeira, Xurxo Fernández Martins, Xavier Frías, Luís Luna, Manuel Pereira, Begoña Regueiro e Rafael Yáñez. Á parte de quen asina estas liñas, quen por idade ben podería ser o pai de varios dos componentes do combo ou comboi citado, mais que non deixa de entrar nestes saraos poéticos por gañas de enredar ou marear. Por iso que me presta moito o título da escolma, polo das marés, que se debe a unha das escolmadas. Ana Cibeira, a quen “descubro” a través dela e que, sospeito, vai dar moita guerra no mundo das poetícas galegas. Cibeira, libreira en Madrid, en Pasajes, fai unha poesía urbana, radical e diferente, e merecente xa que logo dunha atención moi adicada. Coñezo tamén a través do volume (argallado polo moi bulidor Xavier Frías, escritor polilingüe) a Luís Luna, poeta tan calado como esencial. Dos demais xa teño falado algunha vez. Con todo direi que Barrera é telurista e entregado, que Fernández Martins escribe como fala (e ao falar, canta), que Xavier Frías de puro elemental ten acentos nerudianos. E direi tamén que Manuel Pereira vai cara a enriba, nun voo interior que os do exterior aprezamos alto, que Begoña Regueiro pide licencia para cantar, e cando nos decatamos xa se fixo nosa, puro entrañada. E acabarei dicindo que Rafa Yáñez é moito, desde aquela promesa que auspiciaba El País Tentaciones; agora só falla rematar a xogada. Un libro este que confirma que os poetas galegos en Madrid son, están, existen. Afellas que si.
VICENTE ARAGUAS

domingo, 5 de setembro de 2010
Poesía alén no proxecto Toupa
A presentación será en Vigo o sábado 18 de Setembro, na cova dos ratos (Romil, 3 -preto do Concello-) ás 21.00h!!!
Aló nos vemos!!!
xoves, 2 de setembro de 2010
Un bosque de chamas
O meu favoritísimo músico Atomizador actúa mañá na presentación do ep de Prisma en LLamas. Unha noite de luz e cor será esta, chea de música que se revela máxica, autoedición e entusiasmo. Burro ácrata abrirá o concerto levando o seu disco recentemente editado por afeitealperro ó escenario, a través dos seus doorags ou xoguetes convertidos en aparatiños ruidosamente musicais... eu non mo perdo!
mércores, 1 de setembro de 2010
Alén, na poesía
Engado a continuación a reseña de Galicia-hoxe sobre a antoloxía Sétimo andar, poesía alén, na que teño a sorte de participar, xunto co(a)s compis do colectivo "A porta verde do sétimo andar", iuuuuju!!! Ou máis ben é un soño cumprido, pois levo moitos anos comunicándome vía email con algúns d@s poetas que aquí van... antes e despois de estreitar lazos naquel "Poetas na rúa" de Poio no ¿2003?-grazas a Elvira Riveiro, por certo!-! Xa podemos seguir conxurando xunt@s este sábado 18 de Setembro en Vigo... xenialísimo!!!
O RONSEL DA POESÍA SOCIAL
19.08.2010 A Porta Verde do Sétimo Andar edita o seu segundo libro. MONTSE DOPICO . SANTIAGO
O mar, a morte. O poder, a dominación, a mentira, a manipulación. A destrución do patrimonio: panificadora de Vigo, porto de Massó... A especulación, a corrupción. A sociedade adurmiñada polo culto ó diñeiro, ós obxectos. A opresión do traballador, das mulleres. O imperialismo, o capitalismo depredador. As outras crises. A matria roubada, a lingua. Galiza, os seus lugares. A utopía. A memoria. O amor. A poesía. A resistencia. Son alicerces de Sétimo andar, poesía alén, o segundo libro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar.
Rosa Enríquez, Alberte Momán, Miguel Ángel Alonso, Ana Cibeira, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal asinan os poemas deste volume, que presentarán a partir de setembro.
Textos heteroxéneos, mais con puntos en común. A defensa da cultura e a lingua galegas é un dos eixes de acción de A Porta Verde, un dos xa non moitos colectivos poéticos que manteñen a súa actividade en Galicia, como as Redes Escarlata ou o Clube d@s poetas viv@s. Espazos de confluencia de escrita para, nunha medida maior ou menor, a intervención social desde a base. Un dos vieiros, se cadra, de evolución da poesía social anterior ós 90.
"Máis que un colectivo, ou un grupo de poetas, o noso é un espazo de coincidencia. Un espazo creativo, galego e galeguista. Temos un blog no que publicamos textos, fotos, vídeos, imaxes de pinturas... obras da xente que se vai achegando, parte dela persoas que viven en Madrid, Barcelona, Portugal... Organizamos recitais no café Uf de Vigo, participamos en filo cafés e outros actos, festivais... Comezamos hai cinco anos. E cando levabamos dous publicamos o primeiro libro. Este é o segundo", explicou Alfonso Láuzara, voceiro da Porta Verde do Sétimo Andar.
Os libros son como "o resumo dunha andaina", un reflexo do "espazo físico e virtual, que ten tamén un componente de relación e amizade", engade. E un xeito de visibilizar os poetas, seguindo o ronsel nisto, se cadra, de proxectos que deixaron unha fonda pegada na nosa literatura, como Ronseltz nos 80, Letras da Cal ou o Batallón Literario nos 90.
"Non temos grandes pretensións. Só que o libro quede aí, aínda que non vaia ter moita demanda. A poesía é minoritaria...", reflexiona Láuzara. "Unha distribuidora repartirá uns cantos exemplares, co cal estará nas librarías a partir de setembro. Cando o libro en papel estea rodado, tamén o poñeremos no blog en pdf, para que se poida descargar. Tamén e pode pedir a través do blog", clarexou.
Internet é unha ferramenta fundamental de encontro para os membros A Porta Verde, como o é para outros proxectos culturais como Corporación Semiótica Galega ou Alg-a. Ou o foi para Aduaneiros sen Fronteiras. "A rede permite difundir os eventos, conectar a xente que está moi lonxe... Temos relación con colectivos como Arditura, co Clube d@s poetas viv@s, coas Redes Escarlata, nas que está Elvira Riveiro, que publicou poemas no noso primeiro libro...", salientou.
Sétimo andar, poesía alén é un libro heteroxéneo. "Cada un de nós ten o seu estilo, a súa personalidade, a súa procedencia xeográfica: non somos todos de Vigo, o seu xeito de pensar...", subliña Láuzara.
"Pipas,Momán e mais eu xa escribiramos no primeiro libro. Os outros autores mudaron. Desta volta puxémonos un límite de dez páxinas por persoa, e cada unha escribiu con liberdade. Por iso os textos son tan dispares. Pero diso se trata. Manolo fai unha poesía moi popular, directa, de raíz oral. Alberte e Mariola fixeron un texto un pouco narrativo, cohesionado, e outros poemas máis autónomos...", comentou.
***
SENTIDOS "Unha balea que non parimos, pero que alimentamos"
Alberte Momán inclúe neste libro a obra coa que gañou o premio de poesía Aurelio Aguirre. Antes conseguira outros galardóns como o Francisco Añón, o Illas Sisargas ou o Narrativas Quentes. Rosa Enríquez é autora do poemario Vestíbulo da devastación (Espiral Maior) e da novela Unicrom (Sotelo Blanco). "Os outros somos autores máis discretos" -no sentido de menos coñecidos-. A maioría naceron a finais dos 60 ou nos 70, agás Alba e María, que son dos 80.
"Algúns somos nacionalistas, algúns independentistas... O tema da lingua está no libro, claro. Creo que máis que unha postura anticapitalista, que pode estar clara nalgúns autores, o que define os textos é o compromiso: social, ambiental... A sensibilidade poética é outro dos puntos en común... Tamén nos interesan outros xeitos de expresión, como a pintura, a fotografía, o vídeo... ", indicou.
"Na escuridade deste mundo aínda hai un recuncho no que as gorxas loitan contra o silencio que ameaza con volvernos a tod@s mud@s, tol@s, ceg@s, como vellos naufraxios sen espírito, durmid@s no interios dunha balea que non parimos, pero que alimentamos co noso covarde ollar indiferente", di o libro na contraportada.

[Esta imaxe, este collage, creeino para un fermoso encargo aínda inédito, pero ilustro con el a reseñiña de Sétimo andar, poesía alén porque me parece que se achega ó espíritu da morta, dos poemas cos que participo nesta fermosísima antoloxía!]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)