"NON QUERO QUE A XENTE VEXA QUE SON HUMANA NO ESCENARIO."
Lady Gaga
aínda que o meu debut literario tivo lugar no ano 2000 e dende o principio gravitei uns presupostos éticos e estéticos máis ligados á filosofía e á ciencia que aos imperantes naquela altura. Con todo, algo me unía a aquelas voces dos 90: conformabamos un grupo de amizade no que o feminino visibilizábase con insistencia. Nos últimos anos profundei aínda máis no metadiscursivo e cibernético, co carimbo de experimental que iso fornece, e seica podo situarme máis preto de voces máis novas ca min e están a utilizar, reflexionar e centrifugar recursos similares [Ana Cibeira, Dores Tembrás, Antía Otero]. Por iso é polo que moitas das miñas teimas literarias teñen que ver coa ciencia, lindando coa ciencia ficción, a curiosidade, ese curioso pracer co que aceptamos a tiranía audiovisual (...)
[de ...mmm... , Estíbaliz Espinosa, o seu relatorio para IV Encontro de Novas-os Escritoras-es (2009)...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario