Páxinas

luns, 14 de xuño de 2010

Con garfo e coitelo (Eider Rodríguez)

Despois de Carne (Haragia) , que me deixou alucinada, esta fin de semana viaxou comigo Cuatro cicatrices/Eta handik gutxira gaur -edición bilingüe de atenea para estudiantes de euskera-.
As catro feridiñas que tentan curar foron extraídas de entre dezaseis do volume de contos Y poco después ahora (o que non me queda claro e cando saíu en euskera nin como se chama...) de EIDER RODRÍGUEZ... Unha voz magnífica, crítica pero pausada, de ollos abertos e ritmo intelixente, sempre sorprendente e sempre cós pes na terra de forma auténtica, isto é soñando esperta.

Aquí podedes ler un dos relatos do libro. E aquí máis en varias linguas.  


*Carne, 451 Editores, 2009.

Ningún comentario:

Publicar un comentario