Páxinas

mércores, 26 de maio de 2010

Regalar é revolucionario*. Unha crista no corazón

"afeite al perro es un sello que ha conseguido que mucha gente lo siga sin renunciar a nada de lo que le gusta (...) "¿pero no lo lleva un punki de 18 años ?" (...) "Ah!!! yo pensaba que era un chaval con cresta...!"   VICTOR

Non sei se somos moitas, pero si afortunadas! A cousa empezou pouquiño a pouco, catro mozos formaron un selo para sacar os seus propios discos, movidos polo espíritu punk d.i.y. (do it yourself - faino ti mesma) armáronse de ganas e foron editando o traballo dos seus grupos: silence in music, ensaladilla rusa, bicicross, campamento ñec ñec...  participando e axudando a crear  unha escena punk en Madrid... Logo as chamas foron minguando en actitude e pouco a pouco o círculo de lume protector dese momento punk deixou saltar ós medios "seica" INDEpendentes dentro... Algunhas bandas amigas foron vivir o directo nacional, respondendo ás espectativas, a outros lares... pero  os afeitaperros tiñan as súas razóns para optar por outra experiencia artística. Así J&J formaron TETRIS, para desentoxicarse: dando entrevistas só a fanzines, e tocando na rúa; Tetris foi un proxecto "desenchufado" dos dous que quedaron na nova etapa do selo, sen pedir cartos nin aceptalos animaban as soleadas tardes da rúa madrileña (aínda que fixeron un benéfico para Ladyfest e telonearon a Chris Leo en La dinamo) e deulles tamén por regalar os seus discos: só tiñas que ir a un dos festivais raros que montaban os seus amigos para sair dalí cunha cinta feita a man ... e seica  había xente que repelía as cassettes como se foran caca, ata cara de noxo e mini empurronciño co meñique na beira da mesa lle daban... eles flipaba e sorrían, entusiasmados e borrachos... !!!


Pero a cousa pasou a máis... os trinta esperaban agatuñados con depresións e roturas amizosas detrás da porta, e así viñeron ácedos momentos para un seliño que soubo resistir ó ciclón... fortes aínda que doentes tiraron para adiante e así foron nacendo proxectos ós que se agarraron:  o  HAZ e o HASTÍO (dous fanzines de debuxos), casettes como xoguetes, concertos na casa para xs amigxs... Moita leria que  tampouco os salvou de distanciarse... apoiaron as guitarras que foran as súas armas dende a adolescencia  e o selo pasou a ser conducido por unha soa J.

*
J. quixo rompelo todo... desaprender, esnaquizar, esquecer...  producir os sons que lle daban pracer, buscarlles o ollo do labirinto, rachándoos ata o epicentro,  xogando co silencio, ofrecéndose estático no escenario berrando nunha castigadora espiral de autoflaxelación. Calou a boca, atou a voz armónica, mirou dentro, o negror buscou. Con Conrado xurdiu PULMÓN e  coa que escrebe, HUMOR VÍTREO. El so nomeouse ATOMIZADOR. Desaprender, esnaquizar, esquecer: causa ou meta desexada?



Pouco a pouco o de tocar na casa cnverteuse en  montar concertos e en participar intensamente nesta escena diminuta e subterránea pola que aposta a cegas o divertido cadelo! Pero non estando contento en solitario comezou a editar frenéticamente e a colaborar con: SUDOR, C-UTTER, TZESNE, PARALUX, ABOMINABLE FUTURO, BORU BORU, SOIZU, IBON R.G., BIKO, KAFEA ETA GALLETAK, AKAUZAZTE, e co(a)s fanzineras/os de TEMPUS FUGIT, de CORAZÓN SALVAXE (ejem!) e do fanzine CARNE.  Todas/os pasamos polas súas fauces famentas e relambidas! Ata día de hoxe no que está na rúa recén saído do forno o disco recopilatorio de SMOKING ROOM, un proxecto de María, Javi e Pablo (antigo compañeiro de afeite) que eu celebro tanto que é o pulo que me levou a escribir esta homenaxe.
Para que vexades o espírito de "afeite al perro" direivos que esta antoloxía recolle o que serían os dous discos que grabou o grupo se tivera chegado a sair da casa algún día + unha fermosa cinta que o grupo lle fixo a J. daquela, isto é, vintepico cancións dun trío que tocaba na saliña de estar, non pretendía nada e pensaba que as  cancións eran himnos persoais da fin de semana e non verdadeiras perlas de sentimentos adolescendo, que é o que son.


Se alguén por aí, polo espacio exterior coñece e gosta de FAMILY, este disco será dos seus favoritos, e isto é o impresionante, este rescate é un tesouro pop entre outros moitos do selo que normalmente traballa con músicas difíciles,  vangardistas e crípticas, pero non por iso menos interesantes e de calidade.

 Ademáis, a vertixe na que se move o selo (non hiperactivo pero si ultradinámico) é unha espiral de xente que quere participar, facer, editarse, distribuir, debuxar, montar benéficos, rebuscar na rúa a súa propia linguaxe artística, entrando en contacto directo coas mesmas que están nesa busca... e de paso compartir, celebrar, xogar! alomenos isto é o que provoca en min e no círculo dos que se achegan a este marabilloso universo canino! guau!



[...moitas somos as que pasamos húmidas e felices polas súas babas... non hai bautizo sen lambidas na casa do can...]



Discografía complementaria: no blog do Joven Fodro, RECORD COLLECTORS ARE PRETENTIOUS ASSHOLES, podedes escoitar unha mostra de algúns dos grupos de AFEITE AL PERRO. [Grazas polas reseñas e por colgar a música!]


[Fotiños: último flyer xeral do selo; flyer dun catálogo da época de Ensaladilla; portada de unha cinta de Atomizador; cartel dun concerto organizado en febreiro 2010; local de ensaio de ATOMIZADOR, HUMOR VÍTREO e BIKO; o catálogo musical desta última etata de afeitealperro ó completo -falta o catálogo gráfico, os fanzines!-]

*REGALAR É REVOLUCIONARIO, lema e proxecto de fanzine de J-Atomizador!



11 comentarios:

  1. Moito obrigado por tus palabras, Ana. Me ha gustado mucho el texto, bonita la historia de Afeite Al Perro. Todxs vosotrxs —y vuestros proyectos de guerrilla (contra)cultural— contáis con mi más sincera admiración.

    ¡Salud, besos y abrazos!

    PD: los audios que has compartido no coinciden: son todos el mismo, el fragmento de Cubierto con tierra de Tzesne.

    PPD: y acabo de descubrir que el de Atomizador es el «Concierto de Aranjuez». ¡Grande!

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti, me encanta tu blog, esta muy trabajado y es bien sincero!!! Ya me he dado cuenta de lo del audio y he tenido que linkear directamente a tu blog. Ya miraré si puedo meter algún tema de muestra en la entrada. mil gracias por esto también! seguimos en contacto!!! bicos & día precioso!

    ResponderEliminar
  3. Uf...Preciosísimo ana. Snif!

    Frodo, al final te diste cuenta de que era una versión!

    jose.

    ResponderEliminar
  4. una reseña galáctica, para el mejor sello de la vía lactea

    ibon

    ResponderEliminar
  5. Yo quiero la cinta nueva!
    Enhorabuena!!

    ResponderEliminar
  6. Hola Ana!

    Ha quedado precioso el texto. Afeite al perro es inspiración eterna para eternas principiantes.

    Jose, pienso en ti cada vez que escucho una canción de un tío de aquí sobre las personas que no paran de dar cosas, sobre la generosidad, al fin y al cabo.

    Un beso enorme!

    Leire

    ResponderEliminar
  7. mola ver como las cosas buenas generan otras cosas buenas!

    ResponderEliminar
  8. Anónimo6:58 p.m.

    fermoso texto, Ana!
    Eu quero humor vítreo ir a Barcelona!
    Lola.

    ResponderEliminar
  9. jeje, graciñas a tod@s por los comentarios! Lola, estuviste en Barcelona cuando tocamos? eres tú? volveremos en breve, estamos conspirando con c-utter!!!Leire, Ibon, bellos!!! Lola, bico, recuérdamelo o escribe a afeitealperro@hotmail.com!!!muaaaaaaaa

    ResponderEliminar
  10. tempest, me encanta tu blog... punxx!

    ResponderEliminar
  11. Anónimo1:53 p.m.

    [p]T h i s t r e n d w a s a g a i n w i t h D V D p l a y e r s a n d a d d e d c y b e r b a n k i n g g o o d s . UGG is anything at all in any way that [url=http://www.ghdsale4u.co.uk]ghd sale[/url] informs you deluxe and profits to the just about daily time life . just in [url=http://www.ghdstraighteners4u.co.uk]ghd hair straighteners[/url] case your group worked secrete exceptionally several strap that&8217;s in the make trades show, your employees ought to undergo that . Changing Your own Summer time Wardrobe on a Budget A females fashion post through JD Williams with buying ideas along with trend advice to the budget-conscious customer about how to cheaply immediately improve your clothing collection along with new summer season parts . Night Sakura nodded Ze look innocent pure and innocent smile to reveal the night bathed in a kind of cherry blue warm sunshine in the summer feeling . GHD straighteners are commonly portion a lot of us with fantastic carrying out your hair programs for numerous a long time . Therefore why not adopt it in order to keep the pace with the evolution of hair dressing . Rune while using seven report is made of the Wang Lin seven within the soul, producing him the manipulation of those runes, like his personal flesh ordinarily flexible, straight when it comes to the cracks within the depths of journeyman . But another slat falls under all of the people, all ghd know ghd iv salon styler in that group of holy light, must be the eye of wisdom, the virgin.[/p][p]For me to highlight a particular prezzie is difficult because I know nothing about the girl . What exactly is a lot more crucial that you all attractiveness ghd iv styler . You can choose out the CHI Turbo flat thick that is skillfully designed getting [url=http://www.ghdstraighteners4u.co.uk]cheap ghd straighteners[/url] a lightweight, ergonomic profile that tends to allow it to be markedly affluent and safe and seem seeing conditioning through styling . To think twice! Like Han Xugang just ghd iv [url=http://www.cheapghd4u.co.uk]cheap ghd straighteners[/url] styler said that . In 1912, Lady Jennifer Bell Schofield created the first straightening iron involving two metal plates that rested between a hinge--still the straightening model we use today . find out additional about [url=http://www.cheapghd4u.co.uk]ghd outlet[/url] child skin pores and skin proper care at our child completely being proper care website . Murong enjoy cicadas embarrassed swiftly bowed his head while claimed softly whilst absent the palms with the scarf . Vibram five_fingers traditional KSO Sprint
    This [url=http://www.ghdsale4uk.co.uk]ghd straightener uk[/url] entry was posted
    on Friday, June 4th, 2010 at 4:09 amand is filed below Uncategorized.[/p]

    ResponderEliminar