Páxinas

domingo, 23 de maio de 2010

A noite en chamas (prisma de lume)

Como repito estes días, sego a estela de Bicicross enchoupándome de Smoking room (o marabilloso Frodo xa subíu reseñiña e música ó seu e-zine así que xa as podedes escoitarlas aquí, uaaaa! grazas!!!) e agora teño a sorte de atoparme con Prisma en llamas. Quero dicir que teño a supersorte de que PeLL esté pasando agora mesmo, que poida ver a Pablo (o artífice dos grupos que acabo de citar) e a Hugo (de Margarita) subidos ó escenario, incluso antes de que haxa disco polo mundo... si! isto é un obstáculo, pero tamén un reto, e as amantes da poesía sabémolo ben... cantas veces perseguimos poemas que nin sequera apreixou un libro, cantas veces nos chega esa raioliña a primeira hora da mañá, nun pano metido por unha amiga no noso peto onte de madrugada naquela tola festa, ou achamos versos ó ar nun bar que quere ser un continente de letras...
Por iso, recoméndovos Prisma en Llamas, porque a maxia da fantasía pop dos outros proxectos favoritos meus está viva, porque está a suceder agora, porque hugo e pablo son pequenos que se renovan cos anos, e experimentan e arriscan e queren palpitar diante nosa e contaxiarnos a súa paixón polas letras de bolillos e os brillos feitos música, ou como din eles, facernos ver que "los colores no dejan de sonar..."


***enlazo o myspace que teñen, pero deberiades atoparvos con eles en directo ou limpar a lámpara con brío desexando que o disco saia, porque teñen un son bastante máis potente de voces difuminadas polos miles de brillos musicais de caixa de música... de teclados que alumean, ca nestes dous temas no seu space na rede...***



[fotiño: se non me equivoco é de natasha nanou!]

Ningún comentario:

Publicar un comentario