Páxinas
▼
venres, 9 de abril de 2010
Presentación de Xoguetes póstumos, o primeiro libro que ilustro
Ola!
despois do meu traballísimo encantada para o libro de Emma (que ilustro) XOGUETES PÓSTUMOS, déixovos aquí a portada e convídovos a pasar pola presentación da Coruña, na que non estarei físicamente pero si co corazón salvaxe.
Haberá máis presentacións oficiais ou recitais extra oficiais no país e tamén en Madrid –polo menos- onde aínda que non presentemos XP, recitaremos e expoñeremos. Estade atentxs!!! Unha aperta para todxs as que me apoian coas súas lindas palabras sobre o meu traballo e un bico enorme para Emma e Dores e Teresa.
Presentación dos libros premiados no III Premio de poesía erótica Illas Sisargas:
Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira ilustrado por Ana Cibeira
Alentar na túa rosa, de Paco Souto (accésit).
O acto, que contará coa participación de Emma Pedreira, Paco Souto e Paco de Tano,terá lugar o vindeiro xoves, 15 de abril, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos, na rúa Real, 56 da Coruña
Reseña do libro de Miguel Anxo Fernán Vello
Ningún comentario:
Publicar un comentario