Páxinas

mércores, 11 de novembro de 2009

Podre por dentro

Que é o que pasa nesta cidade será en todas así Nova York sucia igual ca este oco negro que cando chegas o único que ves son vagabundos e vagamundos estranxeiros aproveitados que cren que todo é pra eles que o teu sorriso llelo debes e xente tan pobre ou tan á marxe da súa propia vida que no chan remata Que é o que pasa nésta maldita que nin as veciñas che abren de noite cando a porta común queda mal pechada e ti non podes entrar na túa casa de alquiler por suposto compartida e perdes un avión e sintes que os perdes todos e Que é o que pasa nesta caixa de soldados de xoguete que como mínimo recibes unha agresión por día e o traballo remoto que fas para empoderarte para quererte para ser ti mesma e saber poñer límites sen esquecer ser xenerosa estar contenta manter unha enerxia luminosa cae cae cae cando unha mirada un xesto unha frase un desafío convídate a esquecer todo iso porque nada es máis que un maldito corpo calquera que vale por todos que traballa en plural e só co último pronome persoal de terceira persoa pode ser culpado. É que eu medrei aquí que a vida de adulta trae consigo toda esta baba esbaradeira ou estará tamén a miña fermosa terra partida pola metade co carozo sesgado e exposto podre por dentro?

Ningún comentario:

Publicar un comentario